Os deputados nacionais do PP esixirán a actualización do catálogo de postos de Garda Civil na provincia e a cobertura de 6 prazas vacantes en Burela, como xa teñen reclamado noutras ocasións
Burela, 30 de xaneiro de 2026. Os deputados nacionais do PP lucense Jaime De Olano e Francisco Conde lamentan a “incapacidade do Goberno de Sánchez para concretar as actuacións no cuartel de Burela” prometidas a finais do 2021 por un investimento de 7,7M€ para a mellora da eficiencia enerxética con fondos do Plan de Recuperación Next Generation; o que supón “outro incumprimento máis coa Mariña, con Lugo e con Galicia”.
Os populares anunciaron, tras unha reunión de traballo con membros do PP de Burela e representantes da Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC), a presentación de iniciativas no Congreso para “facer seguimento” da situación toda vez que “nestes catro anos non houbo noticias, a pesar das reiteradas peticións de información por parte da AUGC e de que o prazo para execución de actuacións con cargo aos fondos europeos está a finalizar”.
Os representantes do Partido Popular non se conforman con obras menores, senón que esixen a rehabilitación integral do acuartelamento burelense, tanto o interior coma o exterior, ante as deficiencias que presenta na actualidade, e atendendo ao prometido fai máis de catro anos.
Os populares esixirán, así mesmo, a actualización do catálogo de postos de Garda Civil na provincia, como teñen reivindicado en varias ocasións ante a escaseza de efectivos para cubrir os distintos servizos na provincia. No caso do cuartel de Burela, como xa teñen reclamado noutras ocasións, é necesario cubrir as 6 prazas que están vacantes.
O Grupo Popular no Congreso ten proposto tamén o recoñecemento de profesión de risco para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a aplicación dun coeficiente redutor para adiantar a idade ordinaria de xubilación. E os deputados lucenses, en particular, teñen reclamado máis medios persoais e materiais para mellorar as condicións laborais e a prestación do servizo aos cidadáns na provincia.
REGULARIZACIÓN DE INMIGRANTES
Os deputados populares tamén fixeron balance do anuncio do Goberno de PSOE e Podemos sobre a regularización de inmigrantes: “é unha cortina de fume para desviar a atención dos 46 falecidos e centos de feridos nas traxedias de Adamuz e Gelida sen que ninguén do Goberno asuma responsabilidades políticas”.
Ao respecto, lembraron que “nunca houbo en España tantas persoas en situación irregular (840.000)” e cre que se debe aplicar un plan baseado en regras claras e que aborde a realidade da inmigración irregular dende a humanidade e a xustiza empregando criterios obxectivos e ordenados.
Os populares lamentan que “o Goberno de Sánchez opte por un vía extraordinaria evitando o debate parlamentario buscando a rendibilidade política. Sánchez está empregando a vulnerabilidade de miles de persoas”. E tamén considera que esta proposta “supón un agravio comparativo para a xente que chegou a España cumprindo as normas e pode supoñer un efecto chamada poñendo en risco a vida de miles de persoas nas mans das redes de tráfico de persoas”.
ACTIVIDADE PARLAMENTARIA
O Grupo Popular vén de rexistrar no Congreso dúas iniciativas en materia migratoria dirixidas a fortalecer os instrumentos de cooperación exterior para previr a inmigración ilegal e loitar contra as mafias que trafican con seres humanos.
Os populares propoñen a revisión dos acordos internacionais, actuacións conxuntas coa UE, maior control nas fronteiras, procedementos áxiles para a tramitación de solicitudes de asilo, o reforzo da cooperación xudicial coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dos medios humanos e tecnolóxicos e cambios lexislativos para expulsar aos estranxeiros que non teñen dereito a permanecer na UE e que foran condenados por delitos graves.
Segundo lembraron, “Pedro Sánchez cualificaba de imprescindible fai un ano o retorno das persoas que chegan a España de forma ilegal”, tal e como obriga a lexislación europea e española. Nese sentido, o Goberno debe executar as ordes de expulsión de estranxeiros sen dereito a permanecer na UE.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



