Foz, 16 de febreiro de 2026. O IES de Foz celebrará entre os días 25 e 27 de febreiro unha nova edición dos certames de baristas, que baten o récord de inscritos ao contar con 26 centros de hostalería procedentes de 14 Comunidades Autónomas españolas, de Viana do Castelo (Portugal) e de Brescia (Italia).
O instituto, que depende da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, presentou hoxe a programación da XVIII edición do Campionato de Baristas e da XIII edición do Campionato de Cata. No acto participou a directora territorial da consellería en Lugo, Sagrario Sánchez, que gabou o traballo que realiza a comunidade educativa e agradeceu o apoio dos máis de medio cento de patrocinadores e colaboradores.
O evento comezará o mércores 25 ás 16:00 coa recepción do alumnado participante e ás 19:00 horas farase a primeira proba de cata. Á entrada do salón de actos estará instalada a “KahvehVAN”, a furgoneta gastronómica do centro, onde os asistentes poderán degustar os cafés de 11 torradores diferentes elaborados por baristas profesionais.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



