“Queremos saber se o abandono das infraestruturas por parte do Goberno está a ter consecuencias directas na seguridade viarias dos lucenses”, sinalan os deputados populares, que reclaman ao Executivo transparencia e solucións urxentes
Lugo, 11 de febreiro de 2026. Os deputados nacionais do PP pola provincia de Lugo -Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades- rexistraron unha pregunta dirixida ao Goberno para coñecer o número de sinistros ocorridos nas estradas lucenses durante os últimos dez anos, así como as causas destes accidentes.
En concreto, os parlamentarios solicitan información detallada, desagregada por anualidades e por vías, sobre cantos accidentes se produciron na provincia, cantos deles estiveron relacionados co mal estado da estrada e cales foron as causas máis habituais dos sinistros.
Desde o PP subliñan que esta iniciativa responde á preocupación existente polo estado de numerosas estradas da provincia, especialmente en treitos que presentan deficiencias de mantemento, firme deteriorado ou sinalización insuficiente.
Os deputados populares explican que lles causou especial alarma que desde o Goberno non se recoñeza o mal estado de moitas vías da provincia. Neste sentido, lembran que responsables da Dirección Xeral de Tráfico chegaron a manifestar recentemente que non atribúen ningún accidente rexistrado en todo o ano 2025 ao estado das estradas en Lugo, unha afirmación que consideran cando menos sorprendente á vista da situación que presentan numerosos tramos da rede viaria lucense.
“Queremos saber se o abandono das infraestruturas por parte do Goberno está a ter consecuencias directas na seguridade viaria dos lucenses”, sinalan os deputados populares, que reclaman ao Executivo transparencia e solucións urxentes.
Os representantes do PP por Lugo no Congreso dos Deputados insisten en que é imprescindible dispoñer de datos obxectivos para poder actuar e esixir investimentos que garantan unhas estradas seguras e en condicións axeitadas para os usuarios.
Finalmente, lembran que a provincia de Lugo conta cunha extensa rede viaria que require unha atención constante e denuncian que a falta de mantemento converteuse nun problema recorrente que pon en risco a condutores e peóns.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



