O sindicato presenta unha ampla batería de medidas para rebaixar os riscos do persoal
Lugo, 11 de febreiro, 2026. Dúas semanas despois da tráxica morte de dous traballadores de mantemento na A-8, ao seu paso por Guitiriz, CCOO convoca unha concentración para lembrar os compañeiros falecidos e esixir máis seguridade para as persoas que traballan na conservación das vías. A mobilización terá lugar este venres, día 13, ás 12:00, diante de Demarcación de Estradas, na Rolda da Muralla de Lugo.
«Queremos medidas efectivas e verificables. O persoal de mantemento non pode seguir traballando exposto a situacións de risco evitable. Seguridade é un dereito, non é un extra», asevera a secretaria xeral de CCOO do Hábitat Galicia, Alejandra Gesto.
Esta concentración é tamén un acto de recordo, respecto e solidariedade cos compañeiros falecidos e coas súas familias, un recoñecemento a unha profesión pouco valorada e imprescindible para a sociedade, e unha chamada colectiva para que as Administracións competentes actúen con determinación: ningún traballo vale unha vida.
En concreto, o sindicato reclama como medidas urxentes a análise real dos riscos por condicións atmosféricas adversas, cortes totais nas operacións de tapado de fochancas e máis control de velocidade en tramos de obras. O persoal de conservación e mantemento fai un traballo esencial e de alto risco, moitas veces exposto á circulación de vehículos a velocidades incompatibles coa presenza de persoas operarias na calzada, e tamén a condicións meteorolóxicas adversas que non sempre se reflicten nas alertas oficiais.
Solicitude de reunión e proposta de medidas adicionais
CCOO xa solicitou unha reunión á Demarcación de Estradas de Galicia para trasladar unha batería de propostas orientadas a reducir o risco e evitar que se repitan feitos tan tráxicos como os ocorridos na A-8.
Entre as medidas que CCOO considera prioritarias, destacan estas:
– Analizar as condicións adversas do tempo máis alá das alertas de MeteoGalicia e da Aemet:
O sindicato advirte de que fenómenos como a brétema, frecuente e especialmente perigosa na A-8 e noutras vías de Galicia, non sempre aparecen reflectidos con precisión nas alertas e poden darse situacións de visibilidade nula mesmo con aviso amarelo. CCOO reclama protocolos que incorporen criterios reais de visibilidade e risco, con capacidade para adaptar ou interromper traballos cando as circunstancias o aconsellen.
– Corte total de carrís e desvío de tráfico nas operacións de tapado de fochas:
Para CCOO, nas intervencións de maior exposición —como o tapado de fochas— debe implantarse o corte total desde distancias máis amplas e o desvío do tráfico, de modo que o risco por impacto de vehículos se reduza a cero para o persoal.
– Campaña específica da DXT para controlar a velocidade en tramos de obras:
O sindicato solicita á DXT que impulse unha campaña sostida de vixilancia e control de velocidade en zonas de obras e conservación, xa que unha parte considerable da condución non percibe nin valora o perigo real que supón exceder os límites en tramos sinalizados. CCOO reclama máis control e sanción, e tamén máis concienciación pública.
– Máis investimento no mantemento preventivo das estradas:
CCOO solicita investimento en traballos planificados, priorizándoo fronte ao mantemento correctivo da actualidade, con traballos urxentes, pouco planificados e prazos curtos. Débese dar prioridade á seguridade dos operarios fronte aos prazos dos traballos de urxencias.
– Máis vixilancia e supervisión por parte de Demarcación de Estradas:
CCOO solicita máis vixilancia e supervisión para detectar a falta de mantemento e necesidades das vías con antelación e a correcta planificación dos traballos, intentando minimizar os traballos urxentes.
– Máis investimento en formación específica:
“Solicitamos máis formación para o persoal, con cursos moito máis específicos e simuladores especializados COEX”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



