Nota de prensa:
O Partido Popular de A Pontenova súmase ás queixas sobre o estado da N 640
O PP de A Pontenova súmase nesta ocasión ás queixas manifestadas por diversas asociacións e veciños polo lamentable estado da N 640. Xa durante o pasado inverno todos tivemos que sufrir o mal estado desta estrada nacional e neste inverno voltaremos a estar cos problemas dos socabóns no firme coas conseguintes averías para os vehículos e, o que é peor, co perigo que iso supón para a seguridade dos conductores/as.
Polo que o PP de A Pontenova non só lle reclama ao Ministerio de Fomento que tome cartas neste asunto dunha forma urxente nesta estrada que se atopa nun estado tercermundista, sino que tamén insta ao goberno socialista municipal a que tamén deixe de vender fume, como fixo o Sr. Alcalde ao dicirnos no Pregón das Festas Patronais que xa estaba licitada a obra, é máis, si lle fixéramos caso ás numerosas declaracións do Alcalde esta obra xa fai tempo que tiña que estar rematada. Ademais, é vergoñoso cun Alcalde e un equipo de goberno non se inmuten ante estes feitos e miren para outro lado como si con eles non fora o tema, desde o PP pensamos que o equipo de goberno tense que dedicar a “presionar” aos responsables do Ministerio de Fomento, co Ministro, que presume de ser de Lugo, á cabeza, para arranxar dunha vez esta estrada. Qué vergoña!, agora iso si, despois ben que lles gusta aparecer nas fotos, pois desde o PP dicímoslle ao equipo de goberno que menos fotos, menos fume e máis feitos.



















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



