Foz, 24 de febreiro, 2026. O Concello de Foz vén de definir un investimento de case 400.000 euros na mellora de camiños en todas as parroquias do municipio. O financiamento dos proxectos de renovación de firme corresponde ao Plan Deputación 2026 (316.420,15 euros, dos cales 269.345,28 euros son a cargo da Deputación de Lugo e 47.074,87 a cargo do Concello de Foz) e ao Plan Camiña Rural 2026-2027 (79.578,65 euros, dos cales o 46% está financiado pola Unión Europea, o 23% polo Concello de Foz, o 22% pola Xunta de Galicia e o 9% polo Ministerio de Agricultura).
O alcalde, Fran Cajoto, afirma que “o concello de Foz conta na actualidade con 3.631 veciños nas parroquias, máis habitantes que teñen concellos como Mondoñedo ou Barreiros no seu conxunto. Con 100 km² de superficie resulta unha prioridade para nós mellorar o firme e as condicións dos viais que tantas persoas usan a diario”.
Na parroquia de Cangas vaise a completar con aglomerado en quente o camiño da vía desde a Coren ata o paso inferior baixo a liña ferroviaria, o camiño de Raios que conecta con este, o camiño en Ribela dende a capela ata a subida á fonte e un camiño en Vilachá por un importe total de 63.782,33 euros.
Na parroquia de Vilaronte vanse a arranxar camiños en Mañente, Xinzo e entre a Cerdeiriña, Vigo e Pereiros, cun investimento total de 82.406,74 euros.
Na parroquia de San Martiño vaise completar con aglomerado en quente en Mourente o vial que conecta a estrada á Basílica coa subida ao Bispo Santo, vanse aglomerar dous viais en Ferreiravella e un en Caritel, arranxar un camiño en Vilacendoi e a subida ao Carme e arranxar en Forxán a estrada que sube ao Bispo Santo no entorno da variante e a liña ferroviaria. O investimento destas actuacións é de 103.812,53 euros.
Na parroquia de Santo Acisclo vaise arranxar o camiño ao Cabreiro, en Santa Cilla, vanse aglomerar os camiños de acceso á igrexa e asfaltar tres viais en Vilatuixe e en Fazouro vaise a completar con aglomerado en quente a subida ao Morgallón e reparar o vial entre Vilarmea e a Ponte Vella. Na parroquia de Nois vaise a mellorar o firme no camiño dos Castros e no barrio preto da Farmacia, en Cordido vaise a aglomerar un vial no barrio de As Moás e arranxar o camiño entre a Igrexa e o Cemiterio e ademais en Foz vaise a aglomerar o vial entre o barrio de Mansín en Vilaxoane e Marzán.
“Imos continuar cos investimentos en infraestruturas: somos conscientes que a pesar de ser unhas partidas moi importantes quedan moitos camiños pendentes de mellorar, na Ermida en San Martiño, en Santo Acisclo e en tódalas parroquias. Estamos moi comprometidos coa renovación de viais en todo o concello”, remata o alcalde de Foz.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



