Lugo, 24 de febreiro de 2026. O centro sociocomunitario de Mondoñedo, dependente de Consellería de Política Social e Igualdade, acolle estas semanas sesións de cinema, dous obradoiros de baile gratuítos e unha xornada informativa sobre o uso axeitado dos medicamentos.
Todas as exhibicións cinematográficas comezan ás 17,00 horas. Os próximos títulos que se proxectarán son a produción arxentina-española El Cuento de las Comadrejas, de Juan José Campanella -o luns 2 de marzo -; o documental En todas as mans, sobre os montes veciñais en man común, da cineasta de Redondela Diana Toucedo, – o mércores día 4 -; Barbie (EEUU), dirixida por Greta Gerwig – o luns 9 – ; o filme francés Delicioso, de Éric Besnard – o mércores 11 -; e a película Asuntos de familia, de Maha Haj, que se proxectará o luns 16.
As sesións de cine enmárcanse no proxecto Lectura Sénior, impulsado pola Administración galega para fomentar o acceso das persoas maiores a recursos culturais e de entretemento do seu interese – non só libros senón tamén películas, música ou os formatos escollidos polos usuarios-. A iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Biblioteca Pública da Xunta en Lugo, que facilita materiais do seu extenso catálogo. A proposta púxose en marcha na residencia de maiores das Gándaras (Lugo) e xa se está a traballar para ampliala a outros centros.
En canto ás clases de baile, serán impartidas pola escola Hover Cross e terán acceso aberto e gratuíto. O mércores 25 de febreiro ás 17,00 horas haberá un obradoiro de merengue; e o mércores 25 de marzo á mesma hora outro de cumbia.
O programa para este período complétase cun taller sobre o emprego correcto da medicación, impartido pola Escola Galega de Saúde Pública. Será o mércores 18 de marzo ás 17,00 horas, e para asistir hai que inscribirse previamente.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



