A intervención, que entra na súa fase final, permitirá crear un espazo máis amplo, luminoso e adaptado ás necesidades actuais da veciñanza
Vilalba, 24 de febreiro de 2026. O Concello de Vilalba avanza na fase final das obras do primeiro andar da Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz, un proxecto impulsado desde a Alcaldía que permitirá crear un novo espazo composto pola aula Agustín Fernández Paz —de carácter expositivo e divulgativo— e unha renovada sala de estudo adaptada ás necesidades actuais das persoas usuarias.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron hoxe o avance dos traballos, nos que xa se está a instalar a nova iluminación e os últimos elementos estruturais.
Durante a visita, a rexedora destacou que se trata “dun proxecto concibido para abrir a biblioteca ao coñecemento e á memoria dun dos escritores máis queridos de Vilalba”. Rouco salientou que a intervención “non é unha simple renovación estética, senón unha aposta firme pola modernización dos servizos públicos e polo recoñecemento ao legado de Agustín Fernández Paz”.
O proxecto abrangue unha actuación sobre 150 metros cadrados, creando un espazo diáfano dividido en dúas áreas conectadas: a aula Agustín Fernández Paz, que albergará parte dos fondos doados pola familia ao Concello, nun espazo luminoso cun gran ventanal sobre Vilalba; e a sala de estudo renovada, con novo mobiliario adaptado ás necesidades actuais, teito acústico para reducir a reverberación e luminarias LED.
A alcaldesa adiantou que o Concello xa solicitou financiamento ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos para adquirir o novo mobiliario tanto da aula como da sala de estudo. “Forma parte dun plan máis amplo de mellora dos nosos espazos, que está a avanzar paso a paso”, apuntou.
A intervención rematará nas vindeiras datas e, posteriormente, iniciarase o proceso de licitación e instalación do novo mobiliario, co obxectivo de que o espazo poida estar plenamente operativo na maior brevidade.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



