Ribadeo, 27 de febreiro, 2026. O martes 24 de febreiro, arredor das 13:00 horas, un membro da plataforma Pola Defensa das Nosas Árbores observou que tres menores estaban agochados xunto a un portelo aberto na base do quiosco da música. Os nenos estaban a piques de introducir a man nunha instalación eléctrica con cables espidos, presumiblemente pertencente ao sistema de iluminación do quiosco ou doutros elementos da contorna.
A persoa que o presenciou avisou de inmediato aos pais dos menores, pechou a portiña e contactou coa Policía Municipal, que tomou nota e indicou que trasladaría o aviso ao servizo correspondente. O incidente comentouse internamente no chat da plataforma, mais, confiando en que o Concello solucionaría o problema con rapidez, non se fixo pública a situación.
Porén, o venres 27 ás 10:30 horas, membros da plataforma achegáronse ao lugar para comprobar se o risco fora eliminado. A sorpresa foi constatar que a portiña seguía coa pechadura pasada pero sen chave, polo que calquera neno ou persoa podía abrila e acceder aos cables, nun día ademais marcado pola choiva e a humidade no terreo, o que incrementa o perigo de electrocución.
A plataforma evita facer valoracións adicionais, mais considera significativo que transcorran tres días sen resolver un risco evidente para a seguridade cidadá.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



