O Concello investirá 200.000 euros neste vehículo de gran capacidade para mellorar a eficiencia da recollida selectiva e a seguridade dos operarios
Ortigueira, 27 de febreiro de 2026. O Concello de Ortigueira reforzará a súa frota municipal do servizo de limpeza mediante a licitación para a compra dun novo camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos. Este investimento, que ascende a 200.000 euros, permitirá ao Concello contar cunha maquinaria máis moderna e eficiente, deseñada para optimizar a recollida selectiva.
O futuro camión contará cunha masa superior ás 18 toneladas e destacará pola súa gran capacidade de carga, o que permitirá axilizar as rutas diarias e reducir os tempos de desprazamento. Ademais, o prego técnico contempla a incorporación de sistemas de seguridade avanzados, como cámaras de visión traseira de alta definición e dispositivos de control de presenza para protexer a integridade dos operarios durante as manobras de carga.
As empresas interesadas en subministrar este equipamento teñen ata o próximo 5 de marzo para presentar as súas ofertas.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destaca que este novo camión do lixo “supondrá un salto de calidad en los servicios básicos del municipio”. Segundo manifesta, o obxectivo é “dotar a los trabajadores de este servicio de las mejores herramientas posibles para que la recogida diaria de residuos sea más rápida, eficaz y sobre todo, más segura”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



