Riotorto, 4 de marzo de 2026. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou esta mañá na presentación do IV Trail dos Muíños de Riotorto que se celebrará o 23 de maio.
A Vicepresidencia da Deputación apoia a organización da proba organizada pola Asociación de Veciños de Ferrería que este ano forma parte por primeira vez do calendario galego de trail, concretamente da Serie Plata, un recoñecemento que impulsa a súa visibilidade e atractivo para atletas de toda Galiza.
No acto, Efrén Castro destacou “a contribución do trail e das populares a extender a actividade deportiva e a fortalecer a base deste deporte” e valorou “o traballo da organización para poñer en marcha e consolidar unha proba destas características, que pon en valor a paisaxe e o territorio e crea comunidade”.
Interviron tamén Alberto Lombardero, responsable da organización, Clemente Iglesias, alcalde de Riortorto, Manuel Otero, representante da Xunta de Galicia e Iván Sangiao, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo.
A proba, que mestura esixencia deportiva e promoción do patrimonio, mantén tres modalidades de participación: un percorrido longo de 21 quilómetros, outro máis curto de 12 quilómetros e unha andaina de 13 quilómetros. O prazo de inscrición na proba xa está aberto.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 3.000 euros á organización da proba.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.

