Foz, 5 de marzo de 2026. O Concello de Foz conmemora o 8M con actividades que se desenvolverán os días 8, 9 e 11 de marzo.
A delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz conmemora o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, co lema Agora máis coeducación ca nunca, “apostando por unha convivencia en igualdade de todas as nenas e nenos, independentemente da súa identidade de sexo ou de xénero. Sendo necesario eliminar estereotipos ou calquera mecanismo discriminatorio nos centros educativos, para garantir un desenvolvemento integral e igualitario, fomentando a educación no sexista, o respecto e a prevención da violencia. A pretensión con esta transformación social é crear un cambio social, derivando nunha sociedade máis xusta e pacífica. É un día para a denuncia e a reivindicación por todo o que queda por facer, pero tamén para celebrar os avances acadados”, anuncia a concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, que engade: “unha maneira de visibilizar esta coeducación é o cartel que eliximos para presentar as actividades deste 8M no Concello de Foz: unha ilustración dun traballo de dúas alumnas do Colexio Martínez Otero de Foz (L.P.A. e L.M.R.), Unha vez que pos as lentes violetas non hai marcha atrás. Con este traballo defenden que por moito que estea arraigado o sexismo néganse a dar marcha atrás con determinación, para seguir na loita polos dereitos das mulleres baixo a mesma cor: a da igualdade!” .
Ana Rojo explica ademais que “o programa deste 8M en Foz comezará o día 8 de marzo, co acendido das luces de cor morado, representativas do Día Internacional da Muller, e a colocación do lazo da mesma cor, na fachada do Concello; a instalación diante da Casa Consistorial das bonecas violetas, Voces na rúa, un proxecto educativo que consiste en dar voz a todos os cidadáns para que colguen un tendal de propostas coas súas voces, opinións, melloras, etcétera, nun ambiente de cercanía onde os veciños sintan que forman parte dun problema de tod@s as vistan e poñan voz, en forma de papeis de cores. O luns 9 de marzo ás 18:30 horas haberá unha concentración diante á Praza do Concello e a lectura do manifesto institucional”.
Desde a delegación de Cultura, coma todos os anos, realízanse varias actividades, entre elas a biblioteca municipal Salgado Toimil súmase á celebración do Día Internacional da Muller cunha mostra bibliográfica de libros, que reúne obras destinadas a promover e concienciar a igualdade de dereitos, dende o respecto e a perspectiva de xénero. A mostra estará a disposición dos usuarios durante o mes de marzo.
E o día 11 de marzo ás 18.00 horas no salón de actos do Cenima terá lugar a proxección do documental Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco e posteriormente charla coloquio da man do seu director, Antón Reixa, na que “poderemos coñecer mellor a artista a través do propio director, que abordará un completo percorrido pola vida e obra desta pintora galega, profundando no seu persoal mundo interior e artístico, á vez que vai deténdose en cada unha das etapas artísticas polas que transitou ó longo do século XX. Esta muller, que tivo un papel moi destacado na xeración do 27, mariñá, nada no concello de Viveiro, foi unha transgresora, feminista, adiantada ó seu tempo, á que se lle negou un lugar na historia da pintura española. Sempre coa vista posta no Día Internacional da Muller (8M) o próximo mércores, día 11 de marzo, a figura de Maruja Mallo será a protagonista no noso concello, xunto a todos os focegos, que queiran disfrutar da figura desta pintora surrealista, coñecida polo seu activismo social e a súa personalidade libre. Revisaremos o seu legado dende o exilio e o esquecemento por ser muller. A través do magnífico traballo de dirección dun polifacético artista galego, cineasta, músico, poeta e letrista, como é Antón Reixa. É un luxo poder achegarnos ó salón de actos do Cenima para empaparnos da biografía de Maruja Mallo a través de Antón Reixa”, remata a concelleira de Muller e Igualdade.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



