Viveiro, 5 de marzo, 2026. O Grupo Municipal Socialista votou a favor no pleno do Concello de Viveiro da cesión da coñecida Casa dos Maestros á Xunta de Galicia para a súa rehabilitación e conversión en vivendas públicas.
Desde o PSOE subliñan que toda iniciativa destinada a ampliar o parque de vivenda pública e dar resposta ás necesidades das familias de Viveiro contará sempre co seu apoio. Consideran positivo que se avance cara a unha solución para este edificio histórico, que leva anos nun estado de deterioro.
Con todo, os socialistas lembraron durante o pleno que esta mesma proposta xa fora presentada á Xunta polo anterior goberno municipal. En xuño de 2024, sendo alcaldesa María Loureiro, mantívose en Santiago unha reunión coa tenente de alcaldesa e coa directora da Oficina de Rehabilitación e Vivenda, na que se expuxo a posibilidade de ceder o inmoble ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para destinalo a vivenda pública.
Segundo explican, naquela ocasión a resposta da Xunta foi que non podía asumir este tipo de edificios, polo que se exploraron outras vías como liñas de axudas ou programas de rehabilitación. “Por iso resulta chamativo que o que hai ano e medio non era posible agora si o sexa”, indicou María Loureiro no pleno.
O PSOE considera que, se a Xunta mudou de criterio e agora está disposta a asumir a rehabilitación da Casa dos Maestros para crear vivenda pública en Viveiro, trátase dunha boa noticia para o municipio. Con todo, entenden que sería conveniente explicar que motivou ese cambio.
En calquera caso, os socialistas reiteran que o fundamental é que Viveiro poida sumar novas vivendas públicas e que un edificio histórico como a Casa dos Maestros recupere un uso social. Por iso, aseguran que apoiarán todas as iniciativas que avancen nesa dirección.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



