A Deputada de Muller e Igualdade foi a encargada de pronunciar o documento aprobado por unanimidade en Pleno por todos os grupos políticos, e centrado nas mulleres que sosteñen a administración local nos espazos de responsabilidade
Lugo, 6 de marzo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este venres na Praza de San Marcos no acto organizado pola institución provincial para conmemorar este 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, e que serviu para visibilizar o papel das mulleres como xestoras, líderes e impulsoras de igualdade e transformación social.
“O 8M é un día para reivindicar dereitos, pero tamén para lembrar que os avances que hoxe temos foron posibles grazas á loita e ao compromiso de moitas mulleres”, subliñou Carmela López durante o acto no que participaron numerosos empregados públicos e veciños e veciñas.
No evento procedeuse á lectura da declaración institucional aprobada, por unanimidade, no pasado Pleno de febreiro por todos os grupos políticos grupos representados na Corporación -PSdeG, BNG e PPdeG- e do deputado non adscrito. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, foi a encargada de ler o documento, que baixo o título este ano estivo centrado nas mulleres que sosteñen a administración local, contribúen á cohesión territorial e garanten a prestación de servizos públicos, mesmo en situacións complexas como a pandemia ou a xestión dos fondos europeos Next Generation EU.
Carmela López subliñou tamén a importancia de continuar avanzando cara a unha igualdade efectiva e real, reafirmando o compromiso da Deputación de Lugo coa visibilización das mulleres nos espazos de participación e liderado. “Seguiremos traballando nesa dirección, convencidas de que avanzar na igualdade é avanzar cara a unha sociedade máis xusta”, afirmou.
Así mesmo, a Presidenta concluíu lembrando que “cando unha muller avanza, todas damos un paso ao fronte”, reforzando a aposta da institución provincial pola promoción de políticas públicas con perspectiva de xénero.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



