Durante a mañá celebráronse un total de seis conferencias e coloquios con expertos sobre diferentes sistemas de xestión da atención, IA e dereitos no novo contexto
Lugo, 13 de marzo de 2026. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, inaugurou este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos unha xornada sobre as aplicacións da intelixencia artificial no coidado dos maiores. Baixo o título de O marco da atención ás persoas maiores: análise de experiencias disruptivas e do emprego de sistemas IA, este encontro técnico organizado entre a Deputación e a Fundación Democracia e Goberno Local congregou a máis de 50 profesionais relacionados coa xeriatría e a xerontoloxía.
“Levamos anos apostando por un modelo de servizos sociais baseado na proximidade, na calidade e na equidade. Xestionamos directamente os nosos Centros de Atención a Maiores, investimos en profesionais e coidados; e agora temos a responsabilidade de preguntarnos como a tecnoloxía pode reforzar ese modelo”, destacou Rivera Capón.
Subliñou que na Deputación “traballamos con persoas, maiores que necesitan coidados e familias en situación de vulnerabilidade” nunha provincia “extensa, envellecida e con moitos municipios pequenos e dispersos”. “Nese contexto, a intelixencia artificial ofrécenos posibilidades que hai poucos anos serían impensables. Sistemas que axudan a detectar situacións de dependencia antes de que se agraven, ferramentas que melloran a xestión das listas de agarda, algoritmos que optimizan a asignación de recursos en territorios con grandes desequilibrios”.
A intelixencia artificial tamén trae consigo, segundo o Deputado, preguntas “que non teñen resposta doada: quen decide o algoritmo? Que pasa coas persoas que quedan fóra dos patróns? Como garantimos que a automatización non produza as desigualdades que xa existen? Como protexemos a privacidade das persoas vulnerables?”. E nese sentido, “esta xornada importa, non só para aprender o que a intelixencia artificial pode facer por nós, senón para decidir colectivamente como queremos que o faga”.
Pola súa banda, o xerente da Fundación Democracia e Goberno Local, José Luis Moreno, destacou que a intelixencia artificial é unha realidade presente no noso día a día, e que na prestación de servizos ás persoas maiores está a conseguir mellorar a súa calidade de vida, seguridade e autonomía, abordando ao mesmo tempo a soidade non desexada e o esgotamento nos coidadores.
Unha xornada con seis conferencias e coloquios
Traballadoras sociais, técnicos dos concellos da provincia, persoal dos centros de día, educadores sociais e responsables de diferentes entidades e colectivos sociais formáronse durante a mañá coas seis conferencias e coloquios dirixidos por expertos sobre diferentes sistemas de xestión da atención, IA e dereitos no novo contexto.
A xornada comezou centrada na atención ás persoas maiores, falando da tipoloxía de competencias e a taxonomía de servizos, a súa análise económica e orzamentaria e o modelo de atención da Deputación de Ourense. Conferencias a cargo de Lidia García Martín, doutora de Dereito Administrativo da Universidade de León; Mónica Legaspi Díaz e José Juan Cerdeira Lois, interventora e responsable da área de Benestar da Deputación de Ourense respectivamente.
Na segunda parte da mañá, Silvia García López, xefa do Servizo de Benestar e Igualdade da Deputación de Lugo expuxo o sistema “alternativo e innovador” de atención aos maiores da institución lucense; José Luis Domínguez Álvarez, doutor en Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, disertou sobre o emprego de sistemas de intelixencia artificial na atención aos maiores, as súas oportunidades e desafíos; e finalmente Anxo Varela Hernández, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, relatou as garantías dos dereitos fundamentais das persoas maiores na recepción de servizos asistenciais baseados en sistemas de intelixencia artificial.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



