Na reunión analizouse tamén a evolución da seguridade no concello e o desenvolvemento dos plan de prevención impulsados polo Ministerio do Interior
Viveiro, 16 de marzo de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade de Viveiro, unha reunión de coordinación na que participaron representantes das Forzas e Corpos de Seguridade e responsables municipais para preparar os dispositivos especiais con motivo da Semana Santa e da carreira por montaña CAMOVI.
Durante a reunión analizáronse os operativos que se activarán nas próximas semanas para garantir o correcto desenvolvemento destes eventos, que cada ano reúnen a miles de persoas na localidade.
A subdelegada destacou a “importancia da colaboración institucional e do traballo coordinado entre administracións e corpos de seguridade para garantir a seguridade e a boa organización de actividades con gran afluencia de público”.
No caso da Semana Santa de Viveiro, que se celebrará entre o 27 de marzo e o 5 de abril, reforzarase a presenza policial e a coordinación dos dispositivos de seguridade, tendo en conta o importante fluxo de visitantes que recibe o concello durante estas datas.
Tamén se abordou o operativo previsto para a celebración da CAMOVI (Carreira por Montaña Montes de Viveiro), que terá lugar os días 18 e 19 de abril e contará con diferentes modalidades deportivas, ademais da andaina Ramón Blanco e das probas infantís.
Durante a Xunta Local de Seguridade realizouse ademais unha análise da situación da seguridade cidadá no municipio. A subdelegada puxo en valor o traballo desenvolvido pola Policía Nacional, que logrou esclarecer máis da metade das infraccións penais rexistradas no último ano.
López tamén destacou a actividade preventiva que se está a desenvolver a través dos plans impulsados pola Secretaría de Estado de Seguridade. No marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos, realizáronse no presente curso 39 charlas dirixidas ao alumnado sobre riscos en internet, acoso e ciberacoso, violencia de xénero, adiccións ou delitos de odio.
Así mesmo, dentro do Plan Maior de Seguridade, dirixido ás persoas maiores, realizáronse seis actividades informativas no ano 2025 e hai outras dúas programadas ao longo deste ano.
A subdelegada subliñou que este tipo de iniciativas contribúen a reforzar a prevención e a sensibilización social, ao tempo que permiten achegar o labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado á cidadanía.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



