Ribadeo, 18 de marzo, 2026. A Agrupación Cultural Francisco Lanza continúa a desenvolver a súa programación ao longo do ano 2026. Desde o luns 16 de marzo e até o domingo 29, o público poderá visitar en Ribadeo a exposición “Sempre en Galiza. 1944-2024”, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono. A mostra foi producida por Merlín Comunicación e a Editorial Galaxia, e conta co apoio de diversas institucións, entre elas a Deputación de Lugo, grazas á cal foi posible traer a exposición á vila.
Durante estas dúas semanas, a exposición poderá visitarse na Oficina de Turismo de Ribadeo, en horario de apertura ao público. A mostra está composta por paneis con textos explicativos, fotografías e debuxos de Castelao.
Sempre en Galiza é considerada a obra fundamental do nacionalismo galego e un dos grandes legados políticos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Publicada por primeira vez en 1944, reúne artigos, discursos e reflexións elaboradas polo autor durante o seu exilio en cidades como Nova York, Buenos Aires e Valencia. Estruturada en catro libros, aborda cuestións como o federalismo, a autonomía galega e a identidade nacional.
O domingo 29 de marzo, coincidindo coa clausura da exposición, o público poderá gozar da representación teatral do grupo Os Quinquilláns, que ofrecerá a súa versión escénica de Cousas, de Castelao. A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo mantén así o seu compromiso coa difusión do pensamento político e da obra literaria e artística do autor rianxeiro. A función terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo.
Información práctica
Exposición: “Sempre en Galiza. 1944-2024”
Lugar: Oficina de Turismo de Ribadeo (horario de oficina)
Datas: do luns 16 ao domingo 29 de marzo
Representación teatral: Os Quinquilláns – Versión teatralizada de “Cousas”, de Castelao
Data: domingo 29 de marzo
Hora: 19:00
Lugar: Auditorio Hernán Naval, Ribadeo
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



