Lugo, 18 de marzo de 2026. ADEGA e a veciñanza de Xemil (Bretoña, A Pastoriza) reclaman á Consellería de Economía e Industria a paralización inmediata da explotación mineira de Pizarras Universal, ante os reiterados incumprimentos legais e ambientais detectados na actividade.
A comunidade de montes Coto das Louseiras lembra que o contrato de alugueiro coa empresa rematou en abril de 2025 e que xa fora comunicada previamente a súa decisión de non renovalo, ao solicitar o abandono dos terreos e a restauración ambiental da zona. Porén, a empresa continúa a explotar o monte aínda tendo caducado o contrato de alugueiro.
Segundo denuncian ADEGA e a veciñanza, a actividade mineira supera amplamente a superficie permitida pola declaración ambiental, que chega a ocupar máis de 40 hectáreas cando só tiña autorizadas algo máis de 10. Esta sobreocupación, que podería rondar as 30 hectáreas, carece ademais das garantías de restauración necesarias e afecta tamén a cursos de auga e zonas protexidas sen as preceptivas autorizacións do organismo de conca (Confederación Hidrográfica Miño-Sil).
Malia esta situación, a empresa vén de presentar un proxecto de ampliación da canteira que foi admitido a trámite pola Administración. ADEGA e a comunidade de montes consideran inaceptable avanzar nesta tramitación mentres persisten incumprimentos graves, e advirten de que a ampliación suporía duplicar a ocupación do monte e afectar hábitats de interese comunitario, así como recursos hídricos fundamentais para a zona.
A veciñanza entrega as súas queixas ante a Consellería de Industria en Lugo
Na mañá de hoxe, representantes da comunidade de montes, acompañados por ADEGA, trasladaron directamente estas preocupacións á Sección de Minas da Consellería en Lugo, e reclamaron maior axilidade nas denuncias presentadas e a apertura dos correspondentes expedientes sancionadores.
Tanto ADEGA como a veciñanza insisten en que non se pode autorizar a ampliación dunha actividade que xa está a incumprir a legalidade vixente e reclaman á Administración que actúe en defensa do interese xeral, paralice a explotación e suspenda a tramitación do proxecto.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



