O Vicedo, 20 de marzo, 2026. O PSdeG-PSOE do Vicedo levará ao pleno municipal do vindeiro 25 de marzo unha moción para reclamar a mellora e ampliación da sinalización en todas as parroquias do concello, unha demanda reiterada pola veciñanza nos últimos anos.
Desde a agrupación socialista lembran que, tras moito tempo agardando actuacións neste ámbito, a realidade é que existen numerosas zonas —como Negradas, Mosende, Cabanas, Riobarba, San Román ou Suegos— onde a sinalización é insuficiente ou directamente inexistente, o que dificulta a localización de lugares e vivendas.
Esta carencia non só afecta ao día a día da veciñanza, senón que tamén supón un problema para servizos esenciais como ambulancias, reparto de Correos ou atención de emerxencias, ademais de prexudicar a imaxe do municipio ante visitantes.
A través desta moción, o PSdeG propón que o Concello poña en marcha un plan integral de sinalización que permita identificar correctamente todos os núcleos de poboación e lugares das parroquias, garantindo unha mellor organización do territorio e unha maior seguridade.
Os socialistas subliñan que “o Vicedo non pode seguir esperando máis tempo por algo tan básico” e insisten en que esta actuación é necesaria tanto para facilitar o día a día da veciñanza como para avanzar na modernización e posta en valor do municipio.
Finalmente, o grupo municipal reafirma o seu compromiso de seguir trasladando ao pleno as demandas reais da cidadanía, traballando con responsabilidade para mellorar os servizos e a calidade de vida no conxunto das parroquias.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



