Viveiro, 23 de marzo, 2026. Un ano máis, a Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro amplía a súa oferta de actividades para a Semana Santa. Nesta edición, o tradicional Juepeo do xoves 26 de marzo convértese en “Tapeo de Cuaresma”, unha iniciativa organizada en colaboración coa Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. Como marca a tradición, ao tratarse dun tapeo de Coresma, ningunha das tapas incluirá carne.
As propostas dos locais participantes son:

A asociación tamén recupera as xa consolidadas visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro, conducidas polo historiador viveirense Xesús “Suso” Martínez, novamente en colaboración coa Xunta de Cofradías. Esta actividade cumpre xa dezaseis edicións, desde o seu inicio no ano 2010, e mantén unha excelente acollida por parte de visitantes e veciñanza.
Durante estas datas de gran afluencia turística, a organización considera fundamental ofrecer a oportunidade de coñecer Viveiro de maneira gratuíta, poñendo en valor o seu patrimonio cultural e artístico. As visitas permiten descubrir a historia, os monumentos, a arquitectura e os espazos máis emblemáticos dun dos cascos históricos máis recoñecidos da comarca.
Suso Martínez, historiador, guía oficial de turismo e colaborador en diversos medios especializados, será o encargado de conducir estas rutas, tal e como leva facendo desde 2010 tanto en Viveiro como noutros concellos galegos.
Horarios das visitas guiadas
Punto de saída: Praza Maior de Viveiro
(Cada visita ten un percorrido diferente)
• Luns 30, martes 31 de marzo e mércores 1 de abril – 18:00 h
• Xoves Santo, 2 de abril – 12:00 h
• Venres Santo, 3 de abril – 13:00 h
• Sábado de Gloria, 4 de abril – 17:30 h
• Domingo de Resurrección, 5 de abril – 13:00 h
A Asociación de Comerciantes agradece a Suso Martínez a súa implicación e profesionalidade, fundamentais para o éxito continuado desta actividade, así como á Xunta de Cofradías polo seu labor na organización e promoción da Semana Santa de Viveiro.
Apertura do comercio en Xoves Santo
Este ano, a maioría dos establecementos de Viveiro acordaron abrir en Xoves Santo en horario de mañá de 11:00 a 14:00 h, co obxectivo de ofrecer servizo tanto á veciñanza como ás numerosas persoas que visitan a vila nestas datas.
A decisión responde á elevada afluencia de público e á coincidencia de dous días festivos consecutivos.



























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



