Ribadeo, 24 de marzo de 2026. Cubertas as prazas para participar nas actividades que organiza o Concello de Ribadeo para a rapazada durante a Semana Santa.
O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “haberá Pequemultiaventura de Primavera, 3 días para xogar sen parar con xogos superdivertidos, deporte e movemento, obradoiros creativos, etc… serán o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril no Ceip Gregorio Sanz para nenas e nenos desde os 4 anos en horario de 10 a 14 horas. Contaremos con servizo de conciliación entre as 8 e as 15 horas”.
O edil ribadense seguiu a relatar que “o verán empeza en abril en Ribadeo. Teremos Activa Mente, corpo e creatividade. Será o adestramento oficial para vivir un verán épico con xogos dinámicos e retos en equipo, deporte e movemento para activar corpo e mente, obradoiros creativos e experiencias diferentes. Esta actividade está destinada a rapazas e rapaces a partir de 12 anos. Será tamén os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril no Gregorio Sanz en horario de 10 a 14 horas e haberá servizo de conciliación”.
Silvent contou que “tamén gozaremos de Retro Arcade Day, unha tarde para xogar como nunca no Teatro o 31 de marzo de 16:30 a 20:30 horas. A actividade é para nenas e nenos de máis de 10 anos. Haberá Arcades, Gameboy XXL, Zona Gaming de realidade virtual, canastra dobre con marcador electrónico, taller musical e taller Hamma Beads Pixels”.
E subliñou: “cremos que é unha oferta moi variada para que a rapazada de Ribadeo goce da Semana Santa dun xeito diferente e para que pais e nais poidan conciliar a súa vida laboral e familiar eses días”.
O concelleiro de Deportes engadiu que “as prazas están cubertas. Calquera persoa que precise de información debe dirixirse á Casa da Xuventude de xeito presencial ou chamando por teléfono ao 982 129 889”.
As actividades de Semana Santa foron presentadas polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Mocidade e Deportes, Francisco José Silvent.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



