O delegado subliña que o compromiso do Goberno de España con Galicia tradúcese en 737 millóns destinados desde 2018 á seguridade e modernización das estradas do Estado en Galicia
Barreiros, 27 de marzo de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisou hoxe en Barreiros as obras de emerxencia que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar na N-634 para reparar os danos provocados polos últimos temporais dentro do Plan Especial de Estradas en Galicia, onde remarcou que “xa son máis de 20 días asfaltando simultaneamente nas catro provincias galegas, un despregamento sen precedentes de medios técnicos e humanos”. Estivo acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López; a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; a segunda tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; e responsables da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.
Pedro Blanco avanzou que estes traballos “continuarán nas vindeiras semanas para garantir a mobilidade e a seguridade viaria da cidadanía”, e explicou que no caso da provincia de Lugo, o plan supón un investimento de arredor de 9 millóns de euros, dos que máis de 3,3 millóns corresponden ao sector LU-02, no que se inclúe a actuación en Barreiros, con intervencións tamén noutras vías clave como a A-8, a N-640 ou a N-642.
As obras que se están a executar consisten fundamentalmente no fresado e reposición do firme nos tramos máis deteriorados, con espesores variables segundo o estado da vía, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria.
O delegado subliñou que este Plan Especial mobiliza 38 millóns de euros extraordinarios que, sumados ao investimento ordinario, permiten alcanzar en 2026 a cifra récord de 167 millóns de euros destinados á conservación das estradas do Estado en Galicia, o maior investimento anual da historia recente.
Neste sentido, lembrou que o Goberno de España leva investidos 737 millóns de euros desde 2018 na modernización e seguridade da rede estatal en Galicia, e reafirmou o compromiso de seguir actuando alí onde sexa necesario, con grandes e pequenas intervencións, para garantir estradas seguras e en boas condicións en todo o territorio.
O Plan Especial permitirá actuar en preto de 2.000 puntos da rede estatal en Galicia, con traballos de asfaltado en 262 quilómetros de vías, a intervención sobre 1,2 millóns de metros cadrados de superficie e a extensión de máis de 260.000 toneladas de asfalto, mediante un amplo despregue de medios que inclúe arredor de 200 operarios, 75 máquinas e 60 camións.
Pedro Blanco incidiu en que este esforzo inversor reforza a cohesión territorial e a actividade económica, ao tempo que garante unhas infraestruturas viarias modernas, seguras e adaptadas ás necesidades de Galicia.




















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



