Constantino Fernández Leira atribúe a aprobación das contas á negativa do BNG a apoiar unha alternativa de goberno progresista e insiste en que as ausencias no pleno responderon a causas de forza maior
A Pastoriza, 27 de marzo de 2026. O PSdeG da Pastoriza, a través do seu voceiro, Constantino Fernández Leira, reafirmou hoxe o seu voto en contra dos orzamentos municipais aprobados polo goberno do Partido Popular e subliñou que a súa posición é “clara e coherente fronte a un modelo de xestión co que non estamos de acordo”. “Votamos en contra dos orzamentos do PP porque non responden ás necesidades da veciñanza nin ao modelo de concello que defendemos para A Pastoriza”.
O Grupo Municipal socialista insistiu en que a ausencia de dous dos seus concelleiros no Pleno responde “única e exclusivamente a causas de forza maior”, derivadas de problemas de saúde, rexeitando calquera intento de xerar dúbidas sobre o seu compromiso. “Non imos aceptar insinuacións interesadas cando falamos de situacións persoais que impediron a súa presenza”, engadiu Fernández.
Fronte ás críticas dos nacionalistas, o PSdeG considera que “o que a veciñanza merece saber é quen está permitindo que o PP siga gobernando e aprobando os seus orzamentos ano tras ano, que é o BNG”. “Se na Pastoriza hai un alcalde do PP e se aproban os seus orzamentos dende hai tres anos é única e exclusivamente responsabilidade do Grupo Municipal do BNG, que se negou dende o primeiro día a cumprir o pactado no seu día polo seu partido a nivel Galicia”, afirmou Fernández Leira.
Segundo explicou, estes acordos establecen a conformación de gobernos de progreso nos concellos de Galicia onde o PP non conta con maioría absoluta, dando a alcaldía á forza máis votada. “Neste caso é o PSdeG, pero o BNG negouse sistematicamente a apoiar esta alternativa, permitindo que o PP continúe na alcaldía”, incidiu.
Fernández Leira fai un chamamento ao BNG para que rectifique a súa postura e cumpra cos compromisos adquiridos e pase “das palabras aos feitos”. “Se non queren que siga gobernando o alcalde do PP nin que continúen sacando adiante os seus orzamentos, teñen moi fácil cambiar esta situación”, apuntou.
O Grupo Municipal socialista foi contundente ao reiterar a súa disposición a impulsar unha moción de censura inmediata. “Mañá mesmo podemos presentar unha moción de censura entre ambas forzas para conformar un goberno de progreso e que a alcaldía recaia en quen lle corresponde segundo os acordos asinados, que é o candidato socialista”, concluíu Fernández Leira.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



