A Deputación de Lugo inviste 187.000 € na mellora dos catro primeiros quilómetros da LU-P-6102, desde o enlace coa N-640 á altura da ponte do Pedrido
Lugo, 28 de marzo de 2026. A Deputación vén de iniciar as obras de mellora da estrada LU-P-6102, que conecta os concellos da Pontenova e Trabada, a través da parroquia de Vilaformán. A institución provincial inviste 187.000 € nunha actuación que afecta aos catro primeiros quilómetros da vía, desde o enlace coa N-640 á altura da ponte do Pedrido.
Os traballos, encargados á empresa Cholo SL, comezaron esta semana coa limpeza de cunetas e inclúen tamén a mellora do firme mediante aglomerado en quente e a actualización da sinalización horizontal. As obras abarcan o tramo inicial da estrada, ata a parroquia trabadense de Vilaformán.
A LU-P-6102 ten un trazado total de algo máis de 11 quilómetros e transcorre por unha zona de marcado carácter fluvial, á beira do río Eo. Esta vía é moi importante na Mariña Oriental, polo que a actuación da Deputación contribuirá a mellorar as comunicacións entre ambos municipios e na comarca en xeral.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



