Foz, 28 de marzo, 2026. O BNG celebrou hoxe en Foz un encontro de cargos institucionais e municipais coa mirada posta nas eleccións de 2027, facendo fincapé na necesidade de aplicar tamén na Mariña o modelo de política municipal que a organización defende. O Bloque subliña que conta cun modelo propio, recoñecible e acreditado tanto nas experiencias de goberno como no labor de oposición, baseado na participación da veciñanza, na igualdade efectiva, na xustiza social, no fortalecemento dos servizos públicos, na protección do medio natural e na promoción da lingua e da cultura galegas.
A formación nacionalista aposta por defender Galiza desde o local, impulsando iniciativas que xeren riqueza a partir dos recursos propios. Nesa liña, a defensa do tecido produtivo é un dos piares fundamentais. “O noso modelo, o modelo do BNG, é recoñecible fronte a outras alternativas políticas, sempre coidando o noso territorio, a paisaxe e o medio ambiente como elementos da nosa identidade e da nosa economía”, lembrou Antonio Veiga, responsable comarcal.
Críticas ao anteproxecto da nova Lei de Administración Local
Durante a reunión abordouse tamén o financiamento municipal e o anteproxecto da nova Lei de Administración Local de Galicia. O BNG considera que o texto presentado polo Goberno galego resulta insuficiente e decepcionante, ao non resolver os conflitos competenciais entre administracións nin o problema do infrafinanciamento dos concellos. Segundo a formación, esta situación impide consolidar a autonomía local recoñecida na Carta Europea de 1985.
“Este anteproxecto está elaborado sen ter en conta a nosa realidade diferencial e sen vontade de resolver os actuais problemas municipais cun enfoque galego. É necesaria a mellora do financiamento local para poder ampliar os servizos básicos, porque os concellos non teñen suficiencia financeira”, afirmou Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



