Antonio Ameijide alerta de que o aumento de custos nos materias de obras, como o do betume (que xa alcanza os 220€ por tonelada cando hai poucas semanas estaba a 60€), pode provocar que moitas das obras incluídas no Plan Deputación non se poidan executar por mor dos sobrecustes
Lugo, 30 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán a PSOE e BNG, no pleno de mañá, unha actualización urxente e inmediata dos fondos destinados ao Plan Deputación “ante a necesidade de adaptar os investimentos á realidade económica actual, marcada por un incremento desorbitado nos custos de produción e materiais polos conflitos bélicos”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que a maioría dos 67 municipios da provincia destinan os fondos deste plan a obras para o mantemento e arranxo da rede viaria municipal, polo que “todos somos conscientes de que os proxectos presentados hai catro meses quedaron totalmente obsoletos”.
Antonio Ameijide explica que todos os concellos realizaron os seus deberes en tempo e formo, pero “agora esa planificación é papel mollado”. “Os conflitos bélicos internacionais dispararon os prezos de materiais esenciais”, explicou, poñendo como exemplo claro o prezo do betume, que xa se sitúa nos 220€ por tonelada, cando hai poucas semanas estaba nuns 60€.
Outros materiais que aumentaron considerablemente o prezo son os carburantes, cun aumento dun 30%; o cemento, que subiu o coste entre un 30 e un 40%; derivados do petróleo (plásticos, pinturas…) experimentaron un aumento no prezo por enriba do 10%.
“Con esta nova situación, os profesionais estiman que o custe total dunha obra nova aumentou nun 30% nas últimas semanas, polo que PSOE e BNG deben de ser conscientes da nova situación e aumentar os fondos do Plan para que ningunha obra proposta polos concellos quede sen executar”, demandou.
Nesta nova situación, Antonio Ameijde advirte que “se PSOE e BNG non reaccionan con axilidade incrementando as partidas, moitos concellos veranse obrigados a renunciar ás obras”.
Dende o Grupo Provincial Popular instan ao goberno de Carmela López a demostrar “sensibilidade” cos concellos. “A Deputación ten que ser un soporte para os concellos, non un obstáculo. Non podemos permitir que a falta de previsión política condene aos nosos municipios a perder actuacións vitais”, afirmou.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



