Castro de Rei, 30 de marzo, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Castro de Rei levou ao último Pleno unha batería de iniciativas centradas na mellora dos servizos públicos, a seguridade viaria e a defensa do territorio, situando no centro do debate a situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e das súas traballadoras.
A voceira socialista, Alba Sinde, explicou que as propostas “parten do contacto directo coa veciñanza e coas propias traballadoras dos servizos municipais”, e acusou ao goberno local do PP de “negar os problemas e evitar asumir responsabilidades”.
Sinde advertiu de que o executivo “está instalado na confrontación”, cunha actitude “máis centrada en levar a contraria á oposición que en dar solucións ás necesidades reais da veciñanza”.
Críticas á xestión do Servizo de Axuda no Fogar
A moción socialista, aprobada coa abstención do PP, recollía medidas concretas para corrixir as deficiencias do SAF trasladadas polas propias traballadoras. Entre elas, o PSdeG reclamou garantir a xornada completa, reorganizar as rutas para evitar desprazamentos inxustificados, recoñecer compensacións como o plus de perigosidade e o traballo en festivos, reducir as listas de espera e adaptar os tempos de atención ás necesidades reais das persoas usuarias.
O grupo socialista subliñou que estas demandas responden á realidade laboral das empregadas e aos problemas estruturais do servizo, que afectan tanto ás condicións de traballo como á calidade asistencial. Sinde lembrou que o PP chegou a cualificar de falsas as denuncias, malia basearse en testemuños directos, e mesmo xustificou a situación afirmando que “as traballadoras xa sabían que era un traballo precario cando comezaron”. “É gravísimo que un goberno xustifique a precariedade laboral en lugar de corrixila”, advertiu.
A voceira tamén desmontou outros argumentos do executivo: referiuse a unha suposta bolsa de horas “que nin sequera coñecen todas as traballadoras”, criticou que o PP se declare incapaz de actuar sobre cuestións como o plus de perigosidade ou os desprazamentos e lamentou que volva derivar responsabilidades na Xunta e no Estado. “O Concello non pode desentenderse dun servizo municipal nin escudarse noutras administracións para non actuar”, subliñou.
Melloras en seguridade viaria en Castro Ribeiras do Lea
No ámbito da seguridade, o PSdeG presentou unha proposta para mellorar a visibilidade dos pasos de peóns en Castro Ribeiras do Lea, especialmente en zonas de elevada afluencia. A iniciativa incluía iluminación dos pasos de cebra, sistemas de sinalización luminosa ou reflectante e melloras na sinalización dos estacionamentos próximos.
A proposta foi aprobada, aínda que o PSdeG criticou que o goberno local “tentara desacreditala desde o inicio”, reducindo a iniciativa a unha medida “nocturna” e ignorando o conxunto das actuacións previstas.
Falta de mantemento e respostas insuficientes
As socialistas tamén levaron ao Pleno un rogo sobre o estado da mesa de son da Casa da Cultura, deteriorada por filtracións de auga e pola falta de mantemento. A iniciativa instaba a garantir a súa conservación e protección, evitando danos nun equipamento esencial para a actividade cultural do municipio. Como resposta, o PP limitouse a propoñer gardar a mesa nun armario, unha medida que o PSdeG considera “claramente insuficiente”.
Defensa do territorio e control ao goberno
O PSdeG formulou ademais un rogo para instar ao soterramento da liña de alta tensión Cordal–Ludrío ao seu paso por Castro de Rei, co obxectivo de minimizar o impacto ambiental, paisaxístico e sobre a saúde da veciñanza.
No apartado de control, o grupo socialista trasladou preguntas sobre a situación da residencia municipal, os convenios existentes e o destino dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Sinde concluíu advertindo de que “o PP está máis preocupado por negar os problemas que por solucionalos”. “Estamos ante un goberno que evita asumir responsabilidades, que desacredita propostas útiles e que prefire confrontar antes que traballar polos intereses da veciñanza. Así é imposible que o noso concello avance”, rematou.


















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



