O portavoz popular agarda que “a presidenta cumpra a súa palabra” porque “é unha maneira de demostrar que van cambiar cousas na Deputación de Lugo” con respecto á xestión que viña facendo Tomé
Lugo, 6 de abril de 2026. O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, incide en esixir ao goberno de PSOE e BNG a reintegración dos traballadores de Suplusa que se encargaban da xestión das zonas verdes no cadro de persoal da institución provincial, atendendo a unha sentenza do Tribunal Supremo que considera ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial do PSOE e do BNG, así como os posteriores acordos adoptados sen respectar as competencias do Pleno.
O popular lembra que “se negaron no Pleno de xaneiro a votar a favor dunha proposta do Partido Popular para acatar a sentenza; pero, semanas despois, non lles queda máis remedio que recoñecer que se equivocaran novamente e que o seu plantexamento non era válido. Non lles queda outra solución que integrar aos traballadores que PSOE e BNG nunca deberan botar da Deputación de Lugo”.
Ameijide explica que “hai 16 traballadores que están fóra por unha decisión unilateral do goberno de PSOE e BNG”. De feito, o propio Tribunal Supremo ratificou o que defendía o Grupo do Partido Popular: que a compra da acción a Tragsa non se tiña que adoptar en Xunta de Goberno, na que só participan representantes de PSOE e BNG; senón que tiña que ser avalada polo Pleno.
O Grupo Provincial Popular xa advertira no 2019 da ilegalidade dunha decisión que supuxo o desmantelamento da empresa pública Suplusa e a expulsión de máis de vinte traballadores, dos que a día de hoxe 16 seguen en Tragsa “cunha situación de absoluta incerteza”, lamenta.
O portavoz do PP agarda agora que “a presidenta cumpra a súa palabra” porque “é unha maneira de demostrar que van cambiar cousas na Deputación de Lugo” porque “ata agora non vimos que cambiara nada e, incluso, a presidenta perdeu a oportunidade de marcar distancias coa xestión que viña facendo Tomé ao negarse a apoiar a nosa proposta para acatar a sentenza”.
Nese sentido, o popular xa convidara ao goberno provincial no último Pleno a “traer unha nova modificación da RPT para a vindeira sesión plenaria para integrar aos traballadores que foron enviados a Tragsa trala compra da acción que, finalmente, a xustiza demostrou que non se fixo seguindo as normas”. Incluso, esta resolución fixa, ademais, xurisprudencia para todas as administracións locais de España, “deixando claro o que non se debe facer na xestión pública”.
Ameijide pide “a mesma axilidade para acatar esta sentenza e reincorporar aos traballadores de Suplusa que para modificar a RPT para incorporar dous habilitados nacionais para o servizo de Cooperación cos Concellos, ou para adoptar os cambios necesarios para facer oco a outro habilitado vinculado a un dos deputados de goberno”, conclúe.
PETICIÓN FORMAL
Dende o PP rexistraremos unha petición formal para a execución e cumprimento inmediato da sentenza co obxectivo final de que o antes posible os 16 ex traballadores de Suplusa se poidan integrar na Deputación de Lugo.


















Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.



