Ribadeo, 23 de abril, 2026. O BNG de Ribadeo anunciou que presentará no vindeiro pleno ordinario unha proposta para instalar unha placa conmemorativa na casa natal do artista Xusto Moreda, co obxectivo de recoñecer a súa traxectoria e poñer en valor a súa contribución á cultura galega.
Xusto Moreda foi un creador estreitamente ligado á vida cultural de Ribadeo, cunha obra que deixou unha fonda pegada no ámbito artístico galego. A súa sensibilidade estética e o seu compromiso coa expresión cultural propia convertérono nun referente para diversas xeracións, contribuíndo á proxección da identidade cultural da vila e do país.
O portavoz nacionalista, Martín Graña, destaca que se trata dunha iniciativa “sinxela pero cargada de significado”, orientada a preservar a memoria colectiva e reforzar o orgullo polo patrimonio cultural local. “Ribadeo debe honrar ás persoas que contribuíron ao seu legado artístico e cultural, e facelo desde o consenso institucional e social”, sinala.
O BNG subliña que a proposta pretende ser un punto de encontro entre todas as forzas políticas, apelando á colaboración para sacar adiante unha medida que consideran de interese xeral. “Estamos convencidos de que o recoñecemento a figuras relevantes da nosa historia común pode acadar un amplo consenso”, engaden.
A iniciativa tamén abre a porta a colaborar con entidades culturais e coa veciñanza para garantir que a homenaxe estea á altura da relevancia do artista, favorecendo ao mesmo tempo a divulgación da súa obra entre as novas xeracións.
O BNG anima ao conxunto da corporación municipal a apoiar esta proposta, confiando en que o pleno dea luz verde a unha acción que contribúe a poñer en valor o legado dunha das figuras destacadas de Ribadeo.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



