Cervo, 23 de abril, 2026. O Concello de Cervo celebrará o vindeiro sábado, 2 de maio, a décima edición da Foliada e da Feira de Artesanía, unha xornada que encherá de música, tradición e actividade a Praza do Souto durante todo o día e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento, organizado por A Morena, Fervenza de Sargadelos e Fol do Raxal, chega ao seu décimo aniversario consolidado como unha referencia cultural no municipio.
A programación comezará ás 10:00 horas cun obradoiro de Percusión Miúda impartido por Ramón Dopico nas Escolas Vellas de Cervo, seguido da apertura da Feira de Artesanía e Alimentación. Ás 11:00 horas terá lugar un roteiro interpretativo sobre a flora do Camiño Real de Cervo, guiado por Pedro Rolle e con saída desde a Praza do Souto.
Ao mediodía arrancarán os Pasabares, nos que participarán agrupacións de música tradicional de diferentes puntos da bisbarra. A continuación celebrarase a sesión vermú coa actuación de Mediarea.
Xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá Xogos Tradicionais e Animación Musical con SororAs e O Home Orquestra, e ás 16:30 horas desenvolverase un obradoiro de baile foliadeiro con Xabi Iglesias. Ás 18:30 horas dará comezo a Foliada, un dos momentos máis agardados da celebración.
O peche da festa chegará ás 22:00 horas co concerto de Os Viqueiras, seguido dunha Foliada Libre, Queimada e o tradicional Baile do Farolillo, que porá o broche final a unha xornada pensada para desfrutar en familia e con amigos.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, convidou á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse a Cervo para vivir unha festa “na que tradición, cultura e artesanía se mesturan nun marco privilexiado como é a capitalidade municipal”. A rexedora destacou o compromiso das entidades organizadoras e puxo en valor a forza do tecido asociativo local, especialmente nunha edición tan significativa como esta, que celebra o décimo aniversario da Foliada.
Pola súa banda, o deputado de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do cartel e felicitou ás asociacións polo traballo desenvolvido ao longo destes dez anos, reafirmando o apoio da Deputación ao asociacionismo cultural e á promoción da música tradicional.



























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



