Barreiros, 23 de abril, 2026. O PSdeG de Barreiros puxo en valor a consolidación do servizo municipal de préstamo de material ortopédico, unha iniciativa impulsada pola concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, que sitúa ao municipio como referente na atención social da comarca.
Segundo explica a formación socialista, este servizo consolidouse grazas á firma de dous convenios coa Deputación de Lugo, que permitiron un investimento inicial de 20.000 euros e a incorporación dunha nova remesa de material. O PSdeG destaca que se trata dun recurso “pioneiro” na Mariña, dirixido ás familias censadas e residentes en Barreiros.
A resposta da veciñanza confirma —segundo sinalan— a utilidade do servizo, xa que o material está en uso e atende necesidades reais da poboación. O inventario dispoñible inclúe 11 camas articuladas, 11 cadeiras de aseo, 6 colchóns antiescaras, grúas, andadores, bastóns e outros elementos empregados no Servizo de Axuda no Fogar.
Desde o PSdeG subliñan que esta iniciativa exemplifica unha “política útil”, centrada en mellorar o día a día das persoas e sustentada na xestión directa da concelleira Carmen Veiga.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



