Ribadeo, 24 de abril de 2026. O Concello de Ribadeo lembra a través dun Bando a obriga de esterilizar os gatos por parte dos particulares.
No Bando indícase que “o Concello de Ribadeo, coa inestimable colaboración de voluntariado, leva realizado un gran esforzo na creación e mantemento de colonias felinas, resultando que a día de hoxe pode afirmarse que a totalidade dos gatos e gatas destas colonias están identificados, esterilizados e contan con control veterinario”.
Subliña que “entramos na época de cría felina e a experiencia de anos anteriores dinos que un mal comportamento por parte de determinados veciños/as non esterilizando gatos/as da súa responsabilidade está contribuíndo á aparición de novas camadas en distintos lugares do termo municipal de Ribadeo, o que bota por terra todo o esforzo realizado”.
O Bando recolle que “a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia establece no seu artigo 7.3.d como obrigación evitar a reprodución incontrolada dos animais, cuxo incumprimento supón unha infracción grave (artigo 39.f), o que implica unha multa de 501 a 5.000 € (artigo 41.b)”. E que “no marco legal estatal, a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais, no artigo 26.i establece a obrigación de Identificar mediante microchip e proceder á esterilización cirúrxica de tódolos gatos antes dos seis meses de idade…, cuxo incumprimento correspóndese cunha infracción leve (artigo 73), supoñendo unha sanción de 500 a 10.000 € (artigo 76.1.a)”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



