Defenderán tamén unha moción para esixir ao Goberno galego un cambio de rumbo na política forestal e labores de prevención durante todo o ano
Lugo, 26 de abril de 2026. O Grupo Provincial Socialista levará ao vindeiro Pleno da Deputación de Lugo dúas mocións para esixir á Xunta que deixe de abandonar o interior da provincia e actúe con responsabilidade en dous ámbitos esenciais para a seguridade da veciñanza: as emerxencias e a prevención dos incendios forestais. Por unha banda, o PSdeG reclamará o reforzo da cobertura na montaña lucense, co estudo dun novo parque de bombeiros e a mellora dos GES; e, pola outra, demandará un cambio de rumbo na política forestal, cun operativo profesional, estable e con medios suficientes durante todo o ano.
A primeira das iniciativas pon o foco nas dificultades de resposta que padecen comarcas como A Fonsagrada, Os Ancares e Becerreá, onde os tempos de intervención desde os parques de bombeiros superan amplamente os límites recomendables e chegan, en moitos casos, a exceder os 60 minutos. Para o Grupo Provincial Socialista, esta situación evidencia que a Xunta non está garantindo a mesma seguridade a toda a veciñanza da provincia e que o PP segue permitindo que vivir no rural implique ter menos servizos e menos protección.
Por iso, o PSdeG instará ao Goberno galego a estudar, de maneira urxente e coordinada coa Deputación, a viabilidade de creación dun parque de bombeiros na montaña lucense que permita garantir tempos de resposta eficaces nas zonas actualmente desatendidas. A moción tamén reclama analizar a posible integración dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) no Consorcio Provincial de Lugo, así como reforzar os medios humanos e materiais, avanzar na súa profesionalización progresiva e implantar un modelo de financiamento estable, equilibrado e plurianual.
A voceira provincial, Pilar García Porto, advertiu de que “a seguridade da veciñanza non pode depender do código postal no que viva” e subliñou que “a Xunta ten que deixar de mirar para outro lado mentres hai zonas da provincia nas que unha emerxencia pode tardar máis dunha hora en recibir resposta”.
Un cambio de modelo na prevención de lumes
A segunda iniciativa que o PSdeG levará ao Pleno reclama á Xunta un cambio de rumbo na política forestal e na prevención dos incendios. As e os socialistas lembran que Lugo foi en 2025 a segunda provincia galega máis afectada polos lumes e denuncian que, un ano despois, o PP segue sen corrixir as debilidades estruturais que deixaron o rural máis exposto ás lapas.
O Grupo Provincial Socialista denuncia que a estratexia da Xunta segue excesivamente centrada na extinción, deixando nun segundo plano a prevención, a restauración do territorio e os traballos de xestión da biomasa e mantemento do monte. Fronte a este modelo, reclama un operativo profesional, con medios suficientes e capacidade para traballar durante todo o ano, garantindo a presenza efectiva sobre o terreo dos recursos comprometidos.
A moción tamén pide que o Goberno galego deixe de descargar nos concellos responsabilidades que lle son propias e asuma directamente as tarefas de limpeza e mantemento das áreas de protección cando non as executen as persoas titulares, colaborando coas administracións locais en lugar de trasladarlles máis obrigas sen recursos suficientes.
Ademais, a iniciativa socialista incorpora a posta en marcha de plans de autoprotección e evacuación nas zonas de alto risco, así como o impulso das ferramentas de planificación forestal pendentes. Entre elas, a nova Lei de loita integral contra os incendios forestais, a aprobación en prazo do PLADIGA, a elaboración dos plans de ordenación dos recursos forestais en todos os distritos e a presentación, antes de rematar o ano, dun informe do seu grao de cumprimento no Parlamento de Galicia.
Pilar García Porto resumiu así o sentido conxunto das dúas iniciativas: “Estamos ante dous síntomas da mesma realidade: un PP que abandona o interior e que deixa ao rural con menos protección, menos medios e menos capacidade de resposta. Lugo non pode seguir asumindo as consecuencias dunha Xunta que chega tarde ás emerxencias, chega tarde aos incendios e chega tarde ás necesidades da veciñanza”.
A voceira socialista concluíu que “Lugo precisa un sistema de emerxencias próximo, estable e profesional, e unha política forestal que conecte a prevención coa recuperación económica e social dos territorios afectados. Iso é defender o rural con feitos, con medios e con responsabilidade institucional”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


