Lugo vén de se converter no epicentro dunha fenda ética que transcende o local para se situar nunha dimensión sistémica. A moción de censura formalizada o 22-A non é un simple movemento de despachos; é un síntoma da pulsión máis regresiva do PPdeG, que chega ao goberno local alicerzado na ferida aberta dun transfuguismo que racha o contrato social entre o elector e o elixido.
A reacción cidadá deste venres 24-A na Praza Maior luguesa (a segunda demostración popular máis ateigada dende a transición, cunhas 6500 persoas) non foi un rito de despedida, senón un acto de rebeldía democrática. Nese taboleiro, o protagonismo de Rubén Arroxo e do BNG resultou indubidábel. Mentres o PSdeG-PSOE seica aparece nun plano secundario, minguado pola interinidade dunha alcaldía ferida de morte e o desgaste dunha crise interna que disque foi o caldo de cultivo da traizón, o BNG asumiu o liderado moral da rúa. Arroxo non só defende un goberno, senón que está a construír o seu relato para 2027, presentándose como o mellor referente fronte ese “golpe de man” dun PP que non soubo gañar nas urnas o que agora pretende ocupar pola porta de atrás.
A ética política brilla pola súa ausencia na concelleira María Reigosa, concelleira só dende outubro de 2025 pola previa morte en só sete meses da carismática alcaldesa Paula Alvarellos (xusto cando estaba a ser percibida pola cidadanía como a alcaldesa acaída para o presente e próximo futuro da cidade), do concelleiro Pablo Permuy e da concelleira Olga L. Racamonde, persoas todas da candidatura socialista. En menos doutros seis meses rachou o compromiso co seu electorado, asumindo unha decisión que sen dúbida lle xera unha grande desafección cidadá na súa contorna. Por que? Para que? Hai incentivos para unha decisión tan pouco entendida na cidade?
A futura alcaldesa Elena Candia, beneficiaria desta antidemocrática xogada, fica para o futuro marcada por un estigma de orixe. Candia alíñase coa dereita radicalizada que encarnan Miguel Tellado e Paula Prado, que arestora hexemoniza o relato de Feijóo en Madrid e o de Rueda na Galicia. É o PP do “todo vale”, o que prefire acceder ao poder rachando a ética democrática, O que divide e polariza á sociedade, no canto de profundar nos valores cidadáns do consenso.
Porén, Candia non está soa. Alfonso Rueda, que non lle deu o visto e prace á moción até hai poucos días, vai envurullar a Lugo cunha manta orzamentaria, como anestesia para o descontento social. Veremos á Xunta actuar como un departamento de obras públicas ao servizo dunha candidata sen tempo. É a operación “salvar á alcaldesa Candia” un desembarco de formigón que tentará que a sociedade luguesa esqueza a memoria do fraude.
Pero que ninguén se engane. A Elena Candia vaille a vida política nisto. O ano que resta até maio de 2027 será unha proba de resistencia. Se a xestión non é moi notábel e se a rúa non arrefría, a futura alcaldesa converterase na última vítima dunha estratexia de curto alcance. Rueda xoga coas cartas do poder, pero Lugo dixo este día que a dignidade non se licita. En 2027, lugueses e luguesas decidirán se prefiren a cidade como botín ou como espazo de convivencia cívica consonte coas regras da ética democrática.
A batalla de Lugo ten unha dimensión nacional na disputa a dous pola Xunta de Galicia entre Rueda e Pontòn, logo de que un e outra amosasen cadanseu total apoio a Candia e Arroxo. A líder nacional do BNG sabe que o camiño cara á Xunta pasa por forza por consolidaren poder municipal. A resistencia de Arroxo conéctase así coa solvencia demostrada longos anos en Pontevedra, co proceso de consolidar o goberno local de Compostela fronte á enxurrada opositora do PP galego e local e coa ambición de conquistar Ourense como única alternativa a un alcalde disfuncional a quen se lle vai abrir xuízo oral por prevaricación continuada. As alcaldías son os laboratorios onde o nacionalismo ha amosar que é quen de facer xestión eficiente e transformadora sen perder a alma. Velaí que os soberanistas tenten confirmar que os seus modelos de cidade son a única alternativa real fronte ao baleiro ético que o PP quere espallar ao longo do país todo.
























Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



