Santiago de Compostela, 28 de abril, 2026. UCIN Galicia manifesta o seu firme apoio ás reivindicacións dos profesionais dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) tras facerse públicas diversas denuncias sobre a falta de efectivos, o peche de instalacións e a precariedade operativa en distintos puntos do territorio galego.
A formación cualifica de “extremadamente grave” a situación actual. Segundo expoñen os propios traballadores, existen quendas cubertas por un único efectivo, bases pechadas ou con horarios limitados e unha evidente falta de medios materiais para garantir unha resposta rápida e eficaz ante calquera emerxencia.
O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, foi contundente ao valorar o escenario: “Estamos ante un problema de primeira orde que afecta directamente á seguridade da cidadanía. Non se pode permitir que haxa concellos onde a resposta ante unha emerxencia dependa dun só bombeiro. Iso non é eficiencia, é abandono institucional.”
Desde UCIN Galicia critican a xestión da Xunta nesta materia, á que acusan de “incumprir promesas reiteradas” e de “deixar nun segundo plano aos pequenos e medianos concellos”, que dependen en gran medida destes servizos.
Calo engadiu que, segundo denuncian os profesionais, os reforzos comprometidos non chegan, o que provoca que os GES traballen en condicións límite e que a cidadanía quede desprotexida. “A seguridade non pode ser un privilexio, ten que ser un dereito garantido”, sinalou.
Reivindicacións de UCIN Galicia
A formación reclama a adopción inmediata das seguintes medidas:
Reforzo urxente dos cadros de persoal dos GES
Cobertura de todas as quendas con equipos completos
Reapertura das instalacións pechadas e ampliación de horarios
Un plan de investimento en medios materiais e infraestruturas
Chamamento final
UCIN Galicia conclúe cun chamamento á responsabilidade institucional e á adopción de medidas inmediatas: “Non imos mirar para outro lado. Galicia merece uns servizos de emerxencias dignos, con garantías e á altura das necesidades reais da poboación.”

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



