Foz, 29 de abril de 2026. “Mentres a oposición do PP de Foz se dedica a mentir por redes sociais e en prensa, o goberno municipal dedícase a traballar e conseguir cousas para o municipio”, explica a tenente de alcalde, Inés López Couto, que engade: “xa sabemos que non van aprobar as facturas, non lles interesa. Tampouco aprobaron as anteriores. A realidade é que só queren que ao seu pobo e ás empresas e autónomos lles vaia mal se iso significa que a eles lles vai mellor. Mentira e ruído, o seu único traballo neste concello é ese”.
Inés López Couto indica tamén: “claro que este goberno esta traballando nos novos orzamentos, que por suposto sabemos que non van aprobar, só queren poder mandar unha nota de prensa dicindo o malos que somos e o mal que o facemos. Pena que non os acompañen nin as motivacións, nin o argumentario, nin os números, nin sequera o seu pasado”.
Ademais a tenente de alcalde aclara que “o Concello de Foz non ten problemas para realizar os pagos dos seus compromisos. Ten os medios para facelo. Pena que a uns poucos lles interese poñer paus nas rodas para que non se faga polos seus intereses partidistas. É moito mellor que a factura de SOGAMA de novembro ou as dos talleres de Foz non se paguen porque ao Partido Popular lle interese usar o traballo desta xente para facer política e retrasarlles os cobros a unhas facturas que xa están tramitadas para o pago e que na súa meirande parte non se puideron tramitar porque entraron en xaneiro fóra do ano ao que correspondían. Non se victimicen, que de chantaxes o que máis sabe é o seu partido, só hai que ver o que acaban de facer en Madrid coa prórroga dos prezos dos alugueiros ou en Lugo coa Alcaldía”.
López Couto manifesta ademais: “como o outro día se fixo unha publicación nos perfís de redes da oposición chea de falsidades sobre a obra da Rúa Irmandiños vamos aclarar o traballo deste goberno en comparativa co do PP coa seguinte táboa:

Os arranxos realizados nestes pasados días na rúa foron executados pola empresa adxudicataria con cargo á súa garantía de obra, por esixencia deste Concello e a dirección de obra. En resumo: mellor xestión, mellor obra, uso de menos recursos, esixencia ás empresas adxudicatarias de cumprimento dos seus compromisos. O PP non pode dicir o mesmo na Avenida da Mariña, que finalmente tivo que volver arranxar este goberno despois da súa nula capacidade, ademais de continuar coas tubaxes vellas todas sen cambiar e executar un firme de 9 centímetros cando o proxecto marcaba 21 cm. Se actualizamos o seu prezo a prezos de hoxe en día é unha obra moito máis cara e con menos servizos ca Irmandiños, en definitiva, peor”.
“Deixen de mentir día si e día tamén, o PSdG cumpre os seus compromisos. Chegamos a un acordo co PP para o arranxo do campo de fútbol de Malates e xa está contratado o mesmo, nas próximas semanas comezarán os traballos. A diferenza do señor Castiñeira, que non cumpría os seus acordos cando gobernaba e non vixiaba que 9 centímetros non son 21”, finaliza a concelleira.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



