Burela, 30 de abril do 2026. A Casa da Cultura de Burela acolleu a celebración do Congreso da Infancia e a Adolescencia: sustentabilidade da actividade pesqueira e consumo responsable, unha iniciativa promovida pola Fundación Expomar co cofinanciamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, a Xunta de Galicia e o GALP A Mariña-Ortegal. A xornada reuniu centos de participantes —mocidade, profesorado, persoas maiores e público en xeral— nun programa que se desenvolveu en sesións de mañá e tarde.
Un encontro para a ‘Xeración Peixe’
O concelleiro do Mar de Burela, Ramiro Fernández, foi o encargado de abrir o congreso, animando ao alumnado a gozar dunha xornada “creada por vós e para vós, que sodes os grandes protagonistas da Xeración Peixe”.
A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou o vínculo histórico da vila co mar e recoñeceuse parte dunha xeración moi especial: “en Burela case temos escamas, porque entendemos o mar como unha forma de vida”. López lembroulles aos máis novos a sorte de medrar preto do mar e pediulles sentirse “orgullosos de ser de Burela e de vivir en Burela”.
A conselleira do Mar destaca a importancia da educación alimentaria e mariña
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou tamén no encontro, subliñando a importancia de consolidar hábitos de vida saudables entre a mocidade e garantir o futuro do sector pesqueiro galego a través de proxectos como Xeración Peixe. Afirmou que fomentar o consumo de peixe e marisco entre nenos e adolescentes é “absolutamente prioritario para a Xunta”, lembrando que o peixe é un dos piares da dieta atlántica.
Villaverde puxo en valor o carácter integral do programa, que “une investigación, cultura, gastronomía, medio ambiente e artesanía para conectar á mocidade co esforzo dos profesionais do sector”.
A conselleira destacou tamén o investimento sostido da Xunta na comarca: máis de 107.000 euros entre 2024 e 2025 en accións de promoción como Produart ou as Xornadas do Orgullo Mariñeiro, fundamentais para poñer en valor o produto local e sostible.
Un programa cheo de actividades
A xornada incluíu múltiples accións desenvolvidas nos últimos sete meses:
Presentación da investigación “Ti es de peixe?”
Exposición “Crebas mariñas” tras limpezas de praias
Entrega dos premios do certame literario “Tinta de lura”, coa escritora Antía Yáñez
Presentación do “Petisco de peixe” a cargo de Higinio Díaz (IES de Foz)
Presentación do receitario “Maragota á pota”
Actividades lúdicas de A Mariña Lab
Actuación musical da Fundación Legar
Proxección do vídeo resumo do proxecto
Degustación de produtos pesqueiros elaborados polo alumnado da Escola de Hostalería do IES de Foz
Pola tarde, recordouse o valor dos obradoiros interxeracionais, nos que mocidade e persoas maiores compartiron contos, lendas, receitas e historias vinculadas ao patrimonio mariñeiro de Burela. Ademais, desenvolvéronse relatorios sobre mar, alimentación, gastronomía, saúde e nutrición, xunto cunha nova actuación musical e outra degustación final a cargo da Fundación Expomar.
Burela, epicentro da cultura mariña
Villaverde felicitou á Fundación Expomar, ao Concello e aos centros educativos e residencias colaboradoras pola organización desta “fantástica iniciativa” que reafirma a Burela como un epicentro da cultura mariña en Galicia. Confiou en que as experiencias vividas actúen como semente para fortalecer a relación da infancia cos produtos do mar:
“Oxalá este encontro sirva para espertar curiosidade, para reforzar coñecementos e para fomentar unha actitude máis consciente e responsable”.

























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



