A alcaldesa, Marta Rouco, destaca a importancia desta actuación e a urxencia de aprobar os proxectos para iniciar as obras sen demora
Vilalba, 3 de maio de 2026. O Concello de Vilalba celebrará o martes 5 de maio un pleno extraordinario no que se someterán a aprobación varios proxectos de obra cun investimento conxunto superior aos 1,5 millóns de euros, co obxectivo de activar actuacións prioritarias en infraestruturas municipais.
Renovación integral da rede de saneamento da rúa Plácido Peña
O proxecto máis destacado é a renovación da rede de saneamento da rúa Plácido Peña, cun investimento de 1 millón de euros. Trátase dunha intervención prioritaria para resolver problemas históricos de filtracións, perdas e deficiencias derivadas do paso do tempo.
A actuación permitirá modernizar o sistema de recollida de augas residuais, mellorar a eficiencia e evitar incidencias que afectan directamente á veciñanza. O financiamento procede do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Vilalba.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliñou que se trata dun “servizo básico que non sempre se ve, pero que é fundamental no día a día da veciñanza”, e destacou que esta obra permitirá “solucionar problemas existentes dende hai décadas”.
Melloras en accesos e vías municipais
O pleno tamén abordará outras actuacións relevantes:
Rexeneración dos accesos ao núcleo de Cabanamille (Belesar), cun investimento de 48.000 euros, para mellorar a seguridade e o estado da vía que conecta coa LU-P-6511.
Reforzo do firme no acceso ao polígono industrial desde a LU-P-6502, cun orzamento de 150.000 euros, mellorando un dos principais accesos á área empresarial.
Modificación do viario no campo da feira para crear un novo espazo infantil máis seguro e adaptado ao uso por parte de nenos e nenas.
Rexeneración de vías municipais en Oleiros, Román, Lanzós e San Simón da Costa, con actuacións de limpeza, mellora do firme e sinalización para favorecer a mobilidade no rural.
A alcaldesa destacou que estes investimentos “melloran servizos básicos, accesos e espazos públicos”, e insistiu en que o obxectivo é “actuar onde hai necesidades reais e facelo con responsabilidade”.
Rouco concluíu que “o importante é avanzar, aprobar estes proxectos e poñelos en marcha canto antes, porque detrás de cada obra hai unha mellora directa na calidade de vida da veciñanza”.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



