A Mariña, 5 de maio, 2026. A plataforma Queremos Galego, xunto con diversas organizacións sindicais, profesionais, culturais, sociais e políticas que participaron na elaboración do protocolo Lingua Vital, anima a todas as persoas comprometidas coa lingua galega a sumarse á manifestación do vindeiro 17 de maio. O obxectivo é culminar este proceso cun acto público reivindicativo e facer visible a demanda cidadá de políticas máis ambiciosas para revitalizar o galego.
Críticas á falta de acción institucional
Durante a presentación da mobilización, o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, sinalou que, segundo recollen diversas entidades e colectivos, o goberno da Xunta non está a ofrecer respostas á situación de emerxencia lingüística. Tamén se destacou que non se teñen cumprido os prazos de renovación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, establecidos pola propia administración.
Segundo expuxo Maceira, o proceso Lingua Vital preséntase como unha alternativa elaborada de maneira ampla, participativa e plural, coa intención de abrir un novo camiño para fortalecer o uso social do galego.
Servizo de autobuses desde todas as comarcas
A manifestación partirá ás 12:00 h da Alameda de Santiago. Para facilitar a asistencia, habilitarase un servizo de autobuses desde todas as comarcas, incluída A Mariña.
Para reservar praza no bus da Mariña pódese contactar a través dos teléfonos:
982 140 654 (Foz)
982 581 861 (Burela)
Tamén é posible anotarse mediante calquera persoa integrante de Queremos Galego na comarca.
Un apoio amplo e diverso
O proceso Lingua Vital e a mobilización do 17 de maio contan co apoio de entidades moi diversas, entre elas: sindicatos: CIG, UGT, CCOO, STEG; organizacións de familias e educación: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Asociacións de Nais e Pais Galegas, Confapa, Fapa Ourense. Entidades culturais e sociais: Fundación Galiza Sempre, Vía Galega, Avante LGBT+. Organizacións xuvenís e políticas: Galiza Nova, BNG, entre outras
Un 17 de maio para reivindicar máis galego
A mobilización pretende facer chegar ao actual goberno da Xunta a demanda cidadá de máis presenza da lingua galega e de políticas máis decididas para a súa promoción. O proceso Lingua Vital preséntase como unha proposta alternativa para avanzar nese camiño.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



