Vivimos nun mundo de siglas. Neste caso, ZAC é o acrónimo de Zona Acusticamente Contaminada. E o título ven á petición de chamar así a un lugar no que moitos días ó ano á unha da noite -poñamos por caso- un sonómetro pode dar medidas ben por baixo do límite legal nas zonas habitacionais dun edificio, pero no que tamén unha cantidade importante de días o ruído pode chegar a sobrepasar os 50 dB. Cincuenta deciBelios, a esas horas, en zonas que deberan ser tranquilas do edificio, e a pesar da dobre ventá ou o triplo vidro. Isto, debido a que no exterior acádanse niveis de 80 dB, como se pode medir cunha simple aplicación para móbil. É dicir, centos de veces a intensidade acústica permitida pola normativa en zonas residenciais.
Ribadeo normalmente é un lugar tranquilo. Quizais cabe xa dicilo en pasado, ‘era’, pois cada vez a tranquilidade é algo máis anormal nunha vila que ate hai pouco tentaba venderse como tranquila. E un dos factores é o ruído nocturno en determinadas zonas. Por suposto, está relacionado con outros temas, como as 1500 prazas de Vivendas de Uso Turístico (VUT, outra sigla) en competencia co dificultoso acceso a un alugueiro de longo prazo, a máis das hostaleiras e as correspondentes a segundas vivendas. Pero non por esas relacións o ruído deixa de ser un problema con entidade propia.
O tentar afrontar o ruído nocturno dalgún xeito foi o que fixo que o concello recibira, xa hai tempo, a petición de declaración dunha pequena zona de Ribadeo como acusticamente contaminada: unha ZAC debe levar consigo un seguimento, unha intención de coñecer o problema a máis do seu recoñecemento como problema. Trataríase de que o concello se animara a procurar un mellor vivir dos veciños en troques de dar brindes ó Sol sen satisfacer a ninguén.
Mentres, hai leis que cumprir, por suposto, pero tamén hai falta de aplicación delas. Polo que parece, hai século e medio o Conde de Romanones dicía algo como ‘facede as leis, que eu farei os regulamentos’. O de Ribadeo, en relación ó ruído, é inexistente. Iso leva de por si a que non sexa obrigado un estudo acústico para a concesión de licenzas de actividades con amplificación acústica, e polo tanto, non se saiba de illamentos nin de emisións sonoras producidas ou se instalen en pleno casco urbano centos de watios de amplificación sen control. Se non hai datos oficiais, o problema pasa por oficialmente descoñecido. Pero como existir, existe, engádese un novo problema previo a calquera solución: é difícil solucionar o que non se coñece.
Non vou entrar nos efectos do ruído, e máis en concreto do ruído nocturno (por certo, menos estudado que o producido polo tráfico nas cidades e grandes vías de comunicación), se ben se sabe, entre outras cousas, que afecta á memoria, ou á concentración, que empeora o alzhéimer ou o zunido (tinnitus), ou que aumenta o stress, a máis por suposto, de afectar ó descanso (aquelo de que quen perde a noite, perde o día). E, de carambola, afecta á convivencia.
Unha nota: a causa de ter os dB como base uha escala logarítmica, 80 dB non é o dobre de 40 dB, senón 10 000 veces máis intensidade sonora: 40 dB é unha intensidade sonora 10 veces 30 dB, e 80 dB corresponde a 1000 veces 50 dB.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



