Burela, 7 de maio, 2026. As XXXIII Xornadas Técnicas e o XXVII Encontro Empresarial de Expomar, que se celebrarán a vindeira semana no porto de Burela, volverán analizar o futuro do sector pesqueiro nun dos encontros de referencia a nivel estatal e europeo.
A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, organiza unha nova edición destas citas, que reunirán profesionais, entidades e representantes institucionais para abordar os principais retos e dificultades actuais da pesca.
Xornadas Técnicas: novo formato nun único día
A principal novidade deste ano é a renovación do formato das Xornadas Técnicas, que se desenvolverán ao longo dun único día: o xoves 14 de maio, en sesións de mañá e tarde, no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela.
Na apertura participarán: Marta Villaverde, conselleira do Mar da Xunta de Galicia. Ramón de la Figuera, director xeral de Pesca Sostible do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Carmela López, alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar
Durante a mañá celebraranse tres mesas de debate centradas en: Xestión pesqueira. Relevo xeracional e formación. Sostibilidade, socioeconomía e consumo
A sesión de tarde comezará ás 15:30 h cunha intervención da directora xeral da Mariña Mercante, Ana Núñez, sobre a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
As Xornadas pecharanse cunha mesa coloquio sobre “A pesca no Parlamento español”, coa participación de: Rosa Quintana (PP). Patricia Otero (PSdeG-PSOE). Néstor Rego (BNG)
Encontro Empresarial
O mércores 13 de maio, nas instalacións de Armadores de Burela, celebrarase o XXVII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, no que entidades galegas, españolas e europeas analizarán os desafíos actuais do sector.
Como resultado deste encontro redactaranse as “Conclusións 2026”, que se farán públicas ao día seguinte, coincidindo co inicio das Xornadas Técnicas.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



