Ribadeo, 7 de maio de 2026. Ribadeo conta co primeiro taxi eléctrico da Mariña. José Fernández García, taxista desde hai quince anos neste concello, decidiu cambiar de coche “debido ao prezo desorbitado que está a ter o diésel. Despois de traballar con tres vehículos de gasóleo levo xa máis dun mes co eléctrico e o balance económico é moi positivo”.
Para José Fernández “o bo disto é poder cargar o taxi na casa. Eu dispoño dun cargador. Conto poder obter unha subvención de 8.500 euros en total da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado, xa que están a apostar por este tipo de transporte”.
O taxista ribadense avoga “pola instalación dun cargador eléctrico na parada de taxis de Ribadeo. Estaría moi ben que desde o Concello se realizasen os trámites para poder contar con este sistema, que facilitaría que máis compañeiros puidesen optar por este tipo de vehículo”.
A Mariña e o Occidente asturiano contan con bastantes puntos de carga eléctrica: “hai unha app que nos indica onde están esas estacións de carga”. E pon como exemplo que “para unha viaxe duns 800 quilómetros é preciso facer dúas ou tres paradas de carga de 20 minutos cada unha”. Ata o momento “as viaxes máis longas que fixen neste mes foron a Ourense e a Cantabria”.
Fernández García subliña que “a condución do coche eléctrico é moito máis cómoda que con combustible, a contaminación destes vehículos é cero e o prezo non é desorbitado, sobre todo na marca pola que eu me decantei, que é Mazda”.
As viaxes diarias deste taxista ribadense discorren aos aeroportos de Avilés, Santiago e A Coruña, aos centros hospitalarios de Lugo e da Coruña, á praia das Catedrais: “son moitas as persoas que empregan o noso servizo, que lles dá acceso directo ao areal nas épocas nas que é preciso contar con pase para visitar a emblemática praia. Tamén peregrinos estranxeiros, que queren aproveitar o seu paso por Ribadeo para visitar As Catedrais, outros que deciden facer unha etapa en taxi, porque senón non lles dá tempo a chegar no itinerario e nos días que teñen destinados a facer o Camiño de Santiago. Hai de todo”. O taxi de José Fernández García tamén presta o seu servizo ao PAC de Ribadeo “para o traslado aos domicilios dos médicos de urxencias”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



