Cervo, 11 de maio, 2026. Mariña Patrimonio continúa co seu programa de actividades cunha nova conferencia dedicada á historia de Sargadelos, un dos espazos industriais e culturais máis relevantes de Galicia.
A charla celebrarase o martes 12 de maio, ás 19:00 horas, na sala de actos da Casa da Administración, no Museo Histórico de Sargadelos. Baixo o título “Do marqués ao arcebispo: mitos e realidades na historia de Sargadelos”, intervirá Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e investigador especializado en historia da industria.
A conferencia abordará diferentes episodios e interpretacións que ao longo do tempo foron configurando a memoria histórica de Sargadelos, desde a figura do marqués ata outros relatos que marcaron a evolución deste enclave singular. A intervención permitirá achegarse con rigor académico a un espazo clave para comprender a tradición industrial, cultural e patrimonial da Mariña.
Desde Mariña Patrimonio anímase a todas as persoas interesadas na historia, no patrimonio e na memoria de Sargadelos a asistir a esta actividade, aberta ao público ata completar aforo.
Datos da actividade
Título: “Do marqués ao arcebispo: mitos e realidades na historia de Sargadelos”
Relator: Xoán Carmona Badía
Data: martes 12 de maio
Hora: 19:00 h
Lugar: Casa da Administración – Museo Histórico de Sargadelos
Organiza: Mariña Patrimonio

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



