Foz, 7 de maio, 2026. O BNG de Foz lembra que a defensa dunha atención sanitaria digna para a cidadanía foi e seguirá sendo unha das súas prioridades. Xa nos anos noventa a formación nacionalista se opuxo á exclusión de Foz no mapa sanitario da Galiza, unha decisión nunca xustificada e cuxas consecuencias negativas continúan a sentirse na actualidade.
Compromiso continuado coas demandas veciñais
Ao longo das últimas décadas, o BNG de Foz apoiou e mesmo liderou as mobilizacións da veciñanza contra a marxinación sanitaria do concello. A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública mantivo desde 2002 unha loita constante pola creación dun PAC en Foz, fronte á imposición dun servizo de urxencias a tempo parcial por parte do PP.
En setembro de 2015, a Xunta suprimiu as urxencias de tarde, tal e como o BNG advertira previamente. A pesar das negacións do PP, o tempo confirmou que a información era certa e que a veciñanza ía sufrir as consecuencias desta decisión.
Servizos sen cubrir e falta de reposición de persoal
O BNG de Foz impulsou numerosas iniciativas para reclamar:
– A cobertura das medias xornadas de enfermaría.
– A reposición das baixas de persoal sanitario e PSX.
– A reposición da praza de TCAE xubilada en 2018, aínda sen cubrir.
– A recuperación das xornadas completas en Odontoloxía e Pediatría.
A formación tamén se opuxo á eliminación da Área Sanitaria da Mariña en 2017, un cambio sen avaliación previa nin posterior, que mesmo provocou a dimisión do xerente do Hospital da Mariña.
Eliminación do 2º TES da ambulancia medicalizada
O BNG de Foz denunciou en pleno municipal —fronte ás negacións do Sergas e do PP— a eliminación do segundo TES da ambulancia medicalizada do 061. Cinco anos despois, Foz continúa sendo unha das tres bases infradotadas de toda Galiza, xunto con Monforte e o Salnés.
A formación tamén reclamou a creación dunha praza de matrona, a estabilización da Atención Temperá e a recuperación da Área Sanitaria da Mariña.
Menos servizos e máis lonxe: a realidade actual
A situación continúa empeorando. En abril de 2026, pacientes de Foz están sendo derivados para endoscopias non só ao HULA ou a centros privados de Lugo, senón tamén á Área Sanitaria de Ferrol.
Mentres o conselleiro de Sanidade fala de “máis e mellores servizos”, o BNG de Foz insiste en que a realidade é a contraria: menos servizos e cada vez máis afastados.
As últimas decisións da Xunta apuntan ao mesmo camiño:
– Eliminación da obrigatoriedade de gardas en farmacias fóra dos PAC.
– Perda inminente do facultativo de mañás os sábados.
– Posible perda do persoal de enfermaría en domingos e festivos.
Segundo o BNG, estas medidas confirman unha folla de ruta orientada ao desmantelamento progresivo da sanidade pública.
O BNG reclama un PAC para Foz
O Grupo Municipal do BNG insta á Consellería de Sanidade a:
– Redeseñar o mapa sanitario para que Foz conte cun PAC propio.
– Garantir a cobertura completa de todas as categorías profesionais no Centro de Saúde.
– Cumprir os acordos plenarios para asegurar cobertura en todas as quendas.
– Dotar a base do 061 de Foz dos dous TES por quenda que lle corresponden.
A formación considera imprescindible poñer fin á discriminación sanitaria que sofre Foz e toda a Mariña.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



