Viveiro, 9 de maio, 2026. O PSOE de Viveiro trasladou o seu apoio ás mobilizacións celebradas nos últimos días en defensa do ensino público e da atención ao alumnado con necesidades específicas. Nas protestas participaron familias, profesorado, alumnado e colectivos sociais da comarca.
Representantes socialistas estiveron presentes na concentración da Praza Maior de Viveiro, onde apoiaron ás familias e ás asociacións que reclaman máis recursos para garantir unha educación pública de calidade, con menos masificación nas aulas e cun reforzo real de profesionais especializados, especialmente para atender a nenos e nenas con necesidades educativas especiais.
O partido destacou tamén o traballo e a implicación de colectivos como Asfanemor Familias, que participou activamente na mobilización reclamando máis apoio, máis especialistas e unha atención digna para os menores e as súas familias.
Críticas á ausencia da alcaldesa
Desde o Grupo Municipal Socialista lamentaron a actitude da alcaldesa durante a concentración da Praza Maior. Segundo explican, a rexedora atopábase na praza tras un acto da Garda Real e “decidiu pasar de longo sen achegarse a falar coas familias, coas nais e pais nin cos colectivos presentes”.
O PSOE de Viveiro considera positivo que a alcaldesa participe en eventos, festas e actividades sociais dirixidas á veciñanza, pero lembra que un representante público tamén debe estar presente cando se defenden cuestións fundamentais para a cidadanía.
“De pouco serve presumir de festas, actos ou celebracións se despois non se está ao lado da xente cando se reclaman cuestións tan importantes como unha sanidade pública digna ou unha educación pública con recursos suficientes”, sinalan.
Paralelismos coa situación sanitaria
Os socialistas lembran que esta situación non é nova. Segundo indican, a alcaldesa tampouco participou nas concentracións convocadas diante do Centro de Saúde de Viveiro para reclamar máis médicos e mellores servizos sanitarios para a comarca.
“Un alcalde ou alcaldesa representa a todos os veciños e veciñas, e iso implica estar tamén cando hai problemas, cando hai preocupacións sociais e cando as familias necesitan apoio institucional”, afirman.
Chamamento á responsabilidade institucional
Desde o PSOE insisten en que gobernar non pode limitarse a acudir a actos festivos ou institucionais, senón que require implicación e compromiso cos problemas reais da cidadanía.
“Parécenos ben que haxa festas e actividades, porque tamén son importantes para a convivencia e para dinamizar o municipio, pero hai prioridades fundamentais que non poden ignorarse, como a sanidade pública, a educación e a atención aos nenos e nenas con necesidades especiais”, conclúen.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



