Vigo, 15 de maio, 2026. A recoñecida artista viguesa High Paw chega cunha nova banda ao completo, un paso decisivo que consolida o seu proxecto artístico. Nesta etapa preséntase acompañada de Zalo Rodríguez (Lontras) ás teclas, Decsus (Daydream Sessions) na batería, Brais Iriarte (LeBarLuthier) no baixo eléctrico e Laura Mercy (Dakidarría) nos coros. A formación constrúe un directo inmersivo baseado en sintetizadores e ritmos pesados, movéndose entre o reggae, o R&B e o hip hop.
A xira arrancou o 10 de abril en Mos (Sala Rebullón) e continuou o 3 de maio en Cambados (Krazzy Kray). As próximas datas inclúen este venres 15 de maio en Ponteareas (JJ Copas) e, especialmente, o 22 de maio en Viveiro, onde ofrecerá un dobre concerto xunto aos artistas lucenses ünder e Diego Flâneur en La Conservera. As entradas están dispoñibles en Fourvenues e tamén na billeteira da sala o propio día do evento.
Nova etapa como banda
Este novo rumbo marca un punto de inflexión na carreira de High Paw, que incorpora por primeira vez unha banda estable ao seu proxecto. A evolución chega tras un percorrido internacional consolidado: este ano actuou en Barcelona e Bristol, e ten confirmada a súa participación no verán en California, no festival Dub’n The Creek. A artista, cunha traxectoria marcada pola mestura de influencias, dá agora un salto cara a unha nova dimensión apoiada nun equipo propio.
Nun contexto no que a industria tende ao individualismo, High Paw aposta polo traballo colectivo e pola construción dunha identidade compartida. Ademais de sumar músicos ao directo, vén de unirse á axencia cultural A Seara, reforzando a súa filosofía de cooperación dentro do ecosistema musical galego.
A Braña: novo EP en 2026
Sobre o seu próximo traballo, High Paw explica que esta etapa consolida o seu son como un crisol de influencias: reggae, rub-a-dub, hip hop, R&B e soul. O EP levará por título A Braña, un concepto que para a artista funciona como un espazo simbólico: “A braña é un lugar no que habitar o non-lugar; a lama non é chan firme pero si sostén, e mantén húmidas as ideas e as líricas da Ra Velenosa, o meu alter ego como MC”.
Fiel ao seu estilo, a vocalista continúa apostando por un discurso crítico e unha estética audaz, afastándose das zonas de confort: “Exploro temas como a insubmisión e a irreverencia, abandonando máis ca nunca a complacencia, sobre todo sonora”.
Sobre High Paw
High Paw é unha artista viguesa cunha traxectoria de case dúas décadas, destacada pola súa capacidade para fusionar reggae, hip hop e música urbana en galego. Actuou en festivais de referencia e xirou por México, Europa e outros territorios, colaborando con artistas como Manu Chao, Wöyza, Dios Ke Te Crew ou Ortiga. Letras críticas, identidade propia e unha proposta bailable que conecta con públicos diversos definen o seu traballo.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



