Ribadeo, 20 de maio, 2026. A Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) de Ribadeo denunciou publicamente o “estado de abandono” no que se atopa o cauce do río que atravesa a parroquia de Rinlo, así como o ponte de madeira da zona, cuxa estrutura presenta un deterioro evidente pola falta de mantemento.
Desde UCIN Ribadeo consideran “inadmisible” que un dos enclaves naturais e paisaxísticos máis visitados do municipio presente unha imaxe de “dejadez absoluta”, con maleza acumulada, falta de limpeza e un ponte que —segundo sinalan— “lleva demasiado tiempo sin recibir ningún tipo de actuación preventiva ni de conservación”.
A formación critica tamén a “pasividad” do goberno local, asegurando que “el alcalde ribadense y sus concejales parecen no enterarse del deterioro que sufren espacios públicos que deberían ser una prioridad para el Concello”.
UCIN advirte de que esta situación non só afecta á imaxe turística de Rinlo, senón que tamén pode supoñer un problema de seguridade para veciños e visitantes que transitan habitualmente pola zona.
“Rinlo merece respeto, mantenimiento y una atención constante. No se puede presumir de turismo y patrimonio natural mientras se abandonan lugares tan emblemáticos”, sinalan desde a agrupación.
Por este motivo, UCIN Ribadeo solicita ao Concello unha intervención urxente para limpar o cauce do río, acondicionar o entorno e reparar o ponte de madeira antes de que o deterioro continúe avanzando.
A formación conclúe reclamando unha maior planificación no mantemento dos espazos públicos do municipio e unha resposta “rápida y eficaz” por parte do goberno local.





















Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
O alumnado vén de rematar uns fermosos reloxos personalizados, elaborados con dedicación, creatividade e moita ilusión. Unha nova manualidade feita coas súas propias mans que volve poñer en valor o talento e o entusiasmo que se respira nestes talleres. A actividade desenvólvese cada venres na Casa do Mar de San Cibrao, en colaboración con Saúde Mental A Mariña. A concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, participa habitualmente nas sesións, onde comproba de primeira man o bo ambiente de convivencia, aprendizaxe e benestar que caracteriza este espazo. Un lugar de creatividade e participación que continúa medrando día a día.
As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.



