As xornadas levaranse a cabo entre o 1 e o 17 de xuño (incluídos), para todas as categorías con inscrición gratuíta
Burela, 21 de maio, 2026. As Escolas Deportivas Burela FS abren o prazo de inscrición para as Xornadas de Portas Abertas deste verán, na que nenas e nenos de entre 5 e 17 anos (dende a categoría biberón a xuvenil, femenino e masculino) poderán probar de forma totalmente gratuíta un dos deportes máis practicados e seguidos na comarca e, sobre todo, na vila de Burela.
A histórica entidade que este ano cumpre os 25 anos, está conformada por 20 equipos e forman parte dela 210 deportistas, sendo recoñecida a nivel nacional e mundial polos seus dous equipos sénior que compiten nas máximas categorías. Como non podía ser menos, contará cos mellores técnicos profesionais, algúns/as xogadores/as dos equipos sénior, para dirixir as diferentes categorías deste evento ao que cada edición asisten númerosos nenos e nenas que ademais de aprender conceptos básicos da disciplina, asimilan valores deportivos e prácticas saudables para a súa vida diaria.
Para máis información e para inscribirse consultar a través desta ligazón: https://app.cluber.es/legacy/clubes/18e225bc917ef0c07cc1eaa25747338de7db771f/pagos/641831832bfbf671833464





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



