Ribadeo, 21 de maio, 2026. A segunda edición de Ribadeo en Marcha Contra o Cancro terá lugar o sábado, 13 de xuño, ás 11:00 horas, cun percorrido que partirá do Parque de San Francisco.
Trátase dunha actividade lúdico-deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Lugo, aberta a persoas de todas as idades. O obxectivo principal é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable na prevención do cancro, promovendo unha alimentación equilibrada e a práctica regular de actividade física.
Inscricións abertas
As inscricións poden realizarse:
En liña, a través da ligazón:
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ribadeo-en-marcha-contra-o-cancro-2026 (enmarcha.contraelcancer.es in Bing)
De maneira presencial, do luns 8 ao venres 12 de xuño, de 12:00 a 14:00 horas, na rúa Viejo Pancho nº 2 (27700 Ribadeo).
O propio día do evento, 13 de xuño, a partir das 10:00 horas, na antiga Oficina de Turismo (rúa Rinconada de San Francisco).
As persoas inscritas de forma online poderán recoller a súa camiseta o mesmo día da andaina, tamén na Oficina de Turismo vella, a partir das 10:00 horas.
Apoios e colaboracións
A AECC en Lugo agradece o patrocinio de Solán de Cabras e Acisa Ribadeo, así como a colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski Center e o Cluster Galego do Deporte.
Para máis información, a AECC en Lugo atende no teléfono 982 25 08 09 e na web asociacioncontraelcancer.es.
Participación solidaria
Ao rematar a andaina ofrecerase un pequeno tentempé ás persoas asistentes.
Quen non poida participar pode colaborar mediante unha inscrición solidaria, realizando un donativo destinado integramente a mellorar a vida das persoas con cancro e das súas familias, así como a impulsar a investigación oncolóxica. O obxectivo da AECC é contribuír a acadar un 70% de supervivencia no ano 2030.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



