Viveiro, 22 de maio, 2026. Viveiro acollerá o venres 29 e sábado 30 de maio o 1º Concurso de Miniburguers, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico co obxectivo de dinamizar a actividade comercial e hostaleira da vila, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia culinaria diferente e atractiva.
Nesta primeira edición participarán sete locais, que elaborarán as súas propias creacións en formato miniburguer. As propostas son as seguintes:
– Muro Restaurante · Miniburguer de pulled pork
– Vinoteca Los Leones · Miniburguer Los Leones (porco celta, rulo de cabra e cebola caramelizada)
– Cornelius · CorneBurguer (tenreira, papada, chutney de mango e cebola crocante)
– La Tortilla Maravilla · TortiBurguer (tortilla de patacas con cebola como protagonista)
– Casa Pepi · Miniburguer de carrilleiras
– Bar A Zapatería · Miniburguer caramelizada de tenreira
– Mesón A Ría · Miniburguer de porco celta
As miniburguers poderanse degustar a mediodía e pola noite, cun prezo único de 4 euros.
Nun momento no que as hamburguesas viven un gran auxe gastronómico, o Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta por trasladar esta tendencia ao formato mini, promovendo unha experiencia de “minicociña” creativa e de calidade elaborada polos locais participantes.
A elección da mellor miniburguer quedará en mans dos propios clientes, que poderán votar a súa favorita na App ViveiroCCH, escaneando os códigos QR dispoñibles nos flyers dos establecementos. O local gañador recibirá a “Miniburguer Dourada” desta primeira edición. Ademais, entre todas as persoas votantes sortearase unha cea para dúas persoas.
Deste xeito, o público convértese no verdadeiro protagonista do concurso, premiando a súa creación favorita e optando tamén a desfrutar dunha experiencia gastronómica especial.
Desde a organización anímase á veciñanza e visitantes a achegarse ao centro histórico durante estes dous días e gozar dunha proposta única que combina sabor, ocio e comercio de proximidade.
Toda a información e as bases poden consultarse en www.viveirocentro.com ou na App ViveiroCCH.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



